GMH/ÍNDICE A-Z

415
1341, xaneiro, 9. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo autorizan o Concello a percibir dez soldos por cada carga de viño vendida durante oito anos.

MADRID, AHN, Carp. 1332 E/15, perg. orix., galego, gótica cursiva, 249x186 mm.

LUGO, AC, Tumbillo Nuevo, fol. 108 b) r-e v.

CAÑIZARES: p. 1030.

Ed., VILLAAMIL: Estudio histórico..., ap. XVI, proc. l 2º 44.

Sepan quantos esta carta vieren commo nos don Iohan por la gracia de Dios et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, catando la pobresa de la nuestra çibdade de Lugo, et de los moradores della, et las obligaçoes et devedas et carregas en que son obligados a muytas personas en que iasen por rason de muytas custas que feseron en pleitos que overon connusco, et con nosa iglesia, et otrosi por muytos servicios moedas et fonsadeyras et tallas que pagaron a noso sennor el rey, et outros dineiros que tiraron enprestados por que aynda son obligados et carregados en tanto que se lo ovesen a pagar todo entendemos que los mays dos moradores da dita çibdade commo seian pobres et mingoados, et non aian onde viver se yrian da dita çibdade et ficaria despoblada, et assi seria grande danno noso et da nosa iglesia et da dita çibdade. Por ende nos, o dito sennor obispo, con consentimento del dean et cabildo da nosa iglesia, damos poder et actoridade a vos, o conçello da dita çibdade de Lugo, et a los alcaldes que y foren por el tempo, que possades poner et sacar sisa do vinno que se vender ena dita çibdade segundo se uso a tirar en este tempo que agora paso, por tempo certo, conven a saber desde este domingo primeiro que ven que seran catorçe dias deste mes de ianeyro en que ora estamos en oyto annos primeiros siguentes, en esta maneira: que de cada carrega de vino que se vender paguen viinte soldos, et la meytat desta sisa que se assi tirar seia para prol do dito conçello, et la otra meytade para nos. Et estos oyto annos pasados que a dita sisa seia tirada et non ande mays, salvo si se ouver a poner de nobo que se ponna por noso consentimento, et dos ditos dean et cabildo et de vos o dito conçello. Et nos o dito conçello assi lo reçebimos et lo otorgamos en la maneira que sobredita he. Et en testimonio desto nos, o dito sennor obispo, et dean et cabidoo sobreditos, mandamos seellar esta carta con nossos seellos de çera colgados.

Dada en Lugo nove dias de enero, era de mill et tresentos et setenta et nove annos.

Lope Garçia.