GMH/ÍNDICE A-Z

640
1362, xaneiro, 24. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Gonzalo Pérez e á súa muller e a unha voz unha casa coa súa cortiña no Burgo Novo por renda anual de 35 soldos.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 109v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Diego Ferrnandes, dayan de Lugo, et o cabidoo desse lugar avervamos a vos Gonçalvo Peres, home de don Lopo Domingues, chantres de Lugo, et a vosa muller, Eynes Ferrnandes, et a huna pesoa qual o pustrimeyro de vos nomear en sua vida, huna casa dos nossos aniversarios, que esta na rua de Burgo Novo, con sua cortinna, entre a casa que foy de Ruy Ferrnandes et de Maria Pellaes, da huna parte, et da outra parte, a casa de Domingo Martines Serodeo, a a tal condiçon que reparedes et aguisedes a dita casa de todo reparamento et aguisamento que ouver mester et a mantenades en boo estado, et que vos et a dita vosa muller et a dita pesoa que dedes dela de cada anno en salvo, a o procurador dos ditos aniversarios, triinta et çinquo soldos, a quatro dineiros novees por cada tres soldos, desta moneda del rey don Afonso, en foro et vervo pola dita casa, et a finamento da dita pesoa que do pustrimeyro de vos for nomeada que fique a dita casa feyta et ben reparada, a a dita iglesia de Lugo, con todos los boos paramentos que en ela foren feytos. Et eu, Gonçalvo Peres, por min et pola dita minna muller et pola dita pesoa, asy reçebo o vervo da dita casa de vos, o dito dayan et cabidoo, et obligo min et todos mues bees et da dita minna muller et da dita pesoa para dar et pagar a os ditos aniversarios, cada anno, en salvo os ditos triinta et çinquo soldos et para comprir et faser todo o que sobredito he. Et por que esto seia çerto rogamos a Iacome Guillelmes, notario publico de Lugo, que fezese ende esta carta.

Feyta en Lugo viinte et quatro dias de ianeiro, era de mill et quatroçentos annos.

Testemoyas que estavan presentes: o dito dayan; don Lopo Domingues, chantres; don Ruy Ferrnandes, arçidiago de Neyra; don Vasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Vasco Dias, arçidiago de Triacastela; don Alvar Rodrigues, juyz; Iohan Diaz, Thomas Gomes, Diego Martines, Johan Dias, Fernando Peres, coengos, et outros.

Et eu Jacome Guillelmes, notario publico de Lugo por lo sennor obispo desse lugar, a esto presente fuy et esta carta aqui fis escrivir et puge y meu signal. (+).