GMH/ÍNDICE A-Z

671
1364, setembro, 25. Lugo
O Cabido de Lugo arréndalles, durante vinte anos, a Gonzalo Suárez e á súa muller (inclúe carta de poder: 1364-IX-7, CD n.º 670) diversas propiedades no Bierzo, por renda anual de 400 marabedís o día de San Miguel.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 78v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Roy Ferrnandes, dayan, et cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabidoo na dita iglesia por canpaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, arrendamos a vos Gonçalvo Suares d’Arvollo et a vosa muller, Maçia Lopes, filla de Lopo Peres de Castrello, da qual Maçia Lopes avedes poder para faser a dita renda por huna procuraçon scripta en papel et signada con signal d’Aras Peres, notario publico por Iohan Afonso de Benavides en Villafranca de Valcarcer, segundo por ela paresçia, da qual o tenor he este que se sigue:

Segue a continuación a carta de poder (CD n.º 670).

todos quantos herdamentos nos avemos et aver devemos et de nos tina arrendados dona Sancha, muller d’Aras Meendes de Grandas que foy, de la Vila da Fava endeante et en Vilafranca et na Portella, et en Val de Tuylle de Suso et de Iuso, en Peeyros, en Loquia, en Naraya, en Moyna Seca, et en Vilalivre, et nos outros lugares quaesquer en todo Beres, asy alende do Sil commo aquende del, vinas et casas et casares, formaes, prasas et ortos, et outros herdamentos et foros quaesquer, deste San Iohan Baptista primeyro que ven da era de mill et quatroçentos et tres annos ata viinte annos conpridos primeyros segentes. Et vos, os ditos Gonçalvo Suares et Miçia Lopes, avedes a lavrar et parar ben os ditos herdamentos et vinas et ortos et faser as casas et leyxarlas feytas. Et avedes-nos a dar de renda, cada anno, en pas et en salvo ena vila de Lugo sen desconto nihun, quatroçentos moravedis, d’oyto soldos o moravedi, desta moneda del rey don Affonso, por dia de San Miguel de setembro, et se por ventura pasaren dous annos que non paguedes os ditos moravedis que a dita renda seia ninhua, et que nos, o dito cabidoo, vos la posamos reçeber se quisermos; et estes ditos moravedis nos avedes a pagar, commo dito he, su pena das custas et dapnos et menoscabos et interesse et de çinquo moravedis, cada dia, por quantos dias passaren de cada hun dos ditos prasos endeante. Et os ditos viinte annos pasados avedes de leyxar as ditas herdades et vinas et casas et ortos, livres et quitos et desenbargados con todos los boos paramentos que en ellas foren feytos a nos et a nosa iglesia, et con as casas feytas.

Et eu, o dito Gonçalvo Suares, por min et por la dita minna muller, assy reçebo de vos, o dito dayan, et cabidoo a dita renda, et para vos pagar os ditos moravedis commo dito he, et a pena et custas et dapnos se y requesçeren, dou-vos por fiadores et devedores et prinçipaes pagadores anbos de mancumun, et cada hun deles por lo todo, a Afonso Rodrigues et Pero Ramos, presentes et outorgantes nos et nosos beens a a dita deveda et fiadoria. Et demays para comprir et pagar todo o que dito he eu, o dito Gonçalvo Suares, por min et por la dita mina muller, et nos, os ditos Afonso Rodrigues et Pero Ramos, por nos anbos poemos-nos su a iurdiçon ecclesiastica da iglesia de Lugo, que nos posan costrenger por sentença et sentenças de santa iglesia quaes compriren, que pagemos et cumpramos todo o que dito he. Et logo por esta presente carta nos, os ditos Afonso Rodrigues et Pero Ramos, renunçiamos a lee en que dis que deve seer chamado primeyro o devedor ante que o fiador a qual he actentica presente de dubous rex et pistule divi edriani, nos quaes dereytos se conten outrossy que quando foren achados os bees do prinçipal devedor que os bees do fiador non seian molestados, os quaes dereytos nos renunçiamos seendo deles çertificados. En testemoyo desto rogamos et mandamos a Domingo Peres, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra.

Que foy feyta en Lugo, viinte et çinquo dias de setembro, era de mill et quatroçentos et dous annos.

Testemoyas que foron pressentes: don Roy Ferrnandes, dayan; don Alvar Rodrigues, chantre; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; don Rodrigo Affonso, arçidiago de Deçon; don Lopo Domingues, arçidiago de Triacastella; don Roy Gomes, mestrescola; don Iohan Dias, thesoreyro; Tomas Gomes, Gonçalvo Eanes, coengos, todos beneffiçiados na dita iglesia de Lugo; Pero Domingues, yrmao do dito arçidiago de Triacastella; Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo, ts., et outros.

Obrigo min et todos meus beens et da dita Miçia Lopes minna muller, movelles et rays, quantos oie este dia avemos et ouvermos d’aqui adeante, para vos pagar a vos os ditos moravedis et custas et dapnos se y requesçeren, et para faser et comprir todo o que sobredito he, et demays para vos pagar os ditos moravedis et penas et custas se y requesceren.

Et eu Domingo Peres, notario publico de Lugo dado por la actoridade do bispo desse miismo lugar, a esto fuy presente et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença fis scrivir en este livro do cabiidoo et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade.