GMH/ÍNDICE A-Z

876
1388, xullo, 6. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle ao arcediago do Deza, don Rodrigo Afonso, e a dúas voces un soar na rúa Nova por renda anual de 48 soldos.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 91v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos lo cabidoo da iglesia de Lugo afforamos a vos don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça, huna praça de casa con seu seydo que he dos aniversarios desta iglesia, que esta enna rua Nova a par de outra casa de Pedro Eanes, demandador, et da outra parte esta outra casa de San Lasero; o qual foro vos fasemos por vosa vida et de duas persoas a voso finamento; et avedes a dar de foro della quareenta et oyto soldos desta moneda usual, et pagarde-los de cada anno a o que tever os ditos aniversarios en salvo por Natal, sen outro desconto algun. Et a voso finamento et das ditas persoas, que para esto foren nomeadas, que a dita praça et cortina della fiquen a os ditos aniversarios livres et quitas et con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et eu, o dito arçidiago, que estou presente por min et por las ditas persoas asy o reçebo et obligo meus bees et seus para comprir et [pagar] commo dito he.

Feyta a carta en Lugo, seys dias de jullio, era de mill et quatroçentos et [viinte] et seys annos.

Testemoyas: o dito dayan; don Gonçalvo Eanes, chantres; et don Diego Gomes, thesoreyro; Tomas Gomes, Fernando Peres et Afonso Fernandes et [Roy Lopes], coengos; et Diego Eanes, raçoeyro; et Lopo Rodrigues et Aras Peres, clerigos do coro de Lugo, ts., et outros.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, a esto foy presente et fis scripvir et aqui puge meu signal.