GMH/ÍNDICE A-Z

886
1390, agosto, 17. Lugo
Preito mantido entre Afonso Eanes, racioneiro de Lugo, e o sancristán sobre como se deben repartir as ofrendas que veñen ao altar.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 102v.

Era de mill da naçença de noso sennor Ihesu Christo de mill et tresientos et noventa annos, dez et sete dias de agosto.

Commo ante min Aras Peres, mestrescolla de Lugo et vigario geeral enna iglesia et obispado de Lugo vagante a see, fose pleito de juyzo entre Affonso Eanes, raçoeyro de Lugo, teente a renda do altar da dita iglesia de Lugo por lo cabidoo dela, da huna parte, et Fernan Yanes, sanchristan da dita iglesia de Lugo, da outra parte, sobre rason de saber a verdade de commo se avia a partir as ofertas que veen a o altar de Santa Maria da dita iglesia de Lugo por tal que non ouvese sobrelo juyso, et para esto se presentaron ante min estas testemoyas, conven a saber: Lourenço Yanes da Porreyra, et Afonso Yanes, et Afonso Ferrnandes, coengos da iglesia de Lugo, et pidironme que os reçebese et soubese deles a verdade deste feyto, das quaes testemoyas eu reçebi juramento sobre santos avangeos por ante estas partes, as quaes diseron et declararon en seus ditos que o dito altar de Santa Maria era de por medio do rendeyro do altar grande da dita iglesia et do sanchristan della, et que todas las cousas que a el veeren de esmola ou de ofertas et de outras cousas quaesquer que aian a ser departidas de por medio geeralmente entre los ditos rendeyro et sanchristan, et que non avia [...] cousa algua de que algun delles devese a levar mays hun que o outro, et quando era posto algun finado ante o altar que o clerigo que disia a misa enno dito altar de Santa Maria que dos dineyros que ofreçesen por lo finado avia de levar ho dineiro qual quisese, et os outros dineiros devian seer partidos de por medio entre lo dito rendeyro et sanchristan, et de feyto de oferta do pan et do vino que levava aquel clerigo que disia a misa huna oferta, et se por ventura y veesen duas coroas et dous dubrados ou duas candeas [...] que non fosen [...] et veesen y vino en hun [...] ou en dous que por aquellas [...] que eran duas offertas, et quando y non vina mays ca huna candea que [...] mays huna oferta; et quanto quer que a oferta do pan et do vino fose grande ou pequena que era d’aquel que disia missa se mays que huna oferta non fose, et quando fosen duas [...] de duas candeas que avia o clerigo de levar a mellor delas por huna oferta et a outra que a avian a partir os ditos [renderyo] et sanchristan de por meo entresy igualmente. Et esto asy dito [...] por las ditas testemoyas mandey dello dar fe a este notario de juso scripto et que o signase de seu signo para declaraçon do dito juyso. Et outrosy mandey por minna sentença que asy o gardasen [...].

Testemoyas que a esto foron presentes: Fernando Afonso de Belmonte et Johan Garçia, raçoeyro de Lugo; et Françisco Martines [...]; et Jacome Ferrnandes dito Chantres, ts.

Eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a esto que dito he et con as ditas testemoyas presente foy et este contracto aqui scripvi et puge y meu signal.