GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1142
1461, setembro, 18. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó cóengo Pedro Fernández e a tres voces unha casa e un terreo edificable contiguo na rúa Nova, freguesía de Santiago de Lugo, por renda anual de dezaseis marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 21 r.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo sendo juntados en noso cabidoo per son de canpana tangida, segundo avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, avido primeyramente noso acordo et madura deliberaçon, entendendo que fasemos noso probeyto et de nosos suçesores, damos aforo et aforamos a vos Pedro Ferrnandes de Mera, canonigo desta dita iglesia, que estades presente, por vosa vida et de outras tres personas huna qual vos nomeardes et outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, et outra que seia aquella persona nomeada por la persoa que vos nomeardes; huna casa, que he dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, que he en esta dita çiudade de Lugo en rua Noba a par da casa en que agora mora Ynes Fernandes, muller que foy de Pedro de Gayoso, con sua orta et saydo, et mays huna praça de casa que ias en par con a dita casa que vos aforamos et ias en par de outra parte con outra praça, a que he de San Lasaro, con seu saydo et orta et topan anbas las ditas ortas et saydos das ditas ortas et saydos das ditas casas et praça en a parede da orta do Mosteyro de San Françisco et saen en a rua publica, et son sitas et locadas en a friguesia et su sino de Santiago desta Capella de Santiago desta (sic) dita çibdade de Lugo. As quaes casa et praça con suas ortas et saydo vos aforamos, segundo que elas a nos perteesçen et a os ditos aniversarios, con todos seus jures et pertenenças, entradas et saydas, a tal pleyto et condiçon que vos et as ditas personas despois de vos tenades a dita casa feyta, cuberta et ben reparada con duas camaras; et dedes de foro, en cada hun ano, vos et as ditas personas despois de vos por las ditas casas et praça des et seys maravedis de longos a o noso rendeyro et colledor dos ditos aniversarios, ou a quen noso poder ouver para elo, por dia de San Martino de nobenbre, postos en pas et en salvo en esta dita çiudade de Lugo, et a ponto da postrimeyra persona, que suçeder en o dito foro, que as ditas casa et praça et casa se en ela for feyta con seus saydos et ortos con todos los boos paramentos que en elas foren feytos, et a dita casa feyta cuberta et reparada, segun suso se conten, fiquen libres et desenbargadas a nos, o dito cabidoo, et a os ditos aniversarios.

Et eu, o dito Pedro Ferrnandes, que presente soo asy reçebo o dito foro da dita casa et praça et ortos et saydos de vos, o dito cabidoo, segundo suso se conten en esta carta de foro por los modos, maneyras et condiçoes suso ditas para min et para as ditas personas despois de min, et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de teer, conplir et pagar et atender todo o suso contiudo segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten. Et con condiçon que qualquer das personas que despois de min suçeder en o dito foro que do dia que en el suçeder por foreyra fasta trinta dias primeyros seguentes se bena mostrar en cabidoo como he foreyra do dito foro, su pena de que se o asy non feser que por ese mesmo feyto perga o dito foro.

Et nos, o dito cabidoo, asy vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro anbas en un thenor por lo notario juso escripto huna para vos, o dito Pedro Ferrnandes, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et por mayor firmesa mandamos seelar a carta de vos, o dito Pedro Ferrnandes, con noso seelo pendente.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia esta feyra, des et oyto dias do mes de setembro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et un anos.

Testemoyas que foron presentes: Gomes Garçia de Gayoso, arçediano de Deçon; et Gonçalvo Rodrigues de Parga, tesoureyro; Gomes Vasques, Diego Ferrnandes, Lopo Garçia, Rodrigo Afonso das Camoyras, Pedro Meendes, canonigos da dita iglesia de Lugo; et Roy Lopes de Teyxeiro, clerigo da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro per outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios, et aqui puge meu nome et signo acustumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido.