GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1224
1472, novembro, 26 xoves. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Lopo Pineiros, á súa muller e a dúas voces o casal e herdades de Paz na freguesía de San Fiz de Vilafarte, por renda anual de corenta marabedís e a obrigación de construír unha casa.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 53 r.

Sepam quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo en a Capela de San Vertolameu, que he dentro en a dita iglesia, chamados por son de canpana, segundo que avemos de uso et de custume, de consintimento de Diego Vasques, canonigo da dita iglesia, aministrador do noso arçiprestado de Aguiar, que presente esta, aforamos et damos aforo et avervo a vos Lopo Pineyros, escudeyro, que presente estades, et a vosa muller, Eynes Dias, por vida de anbos et a outras duas personas despois de vos, huna qual nomear o postremeyro de vos en sua vida ou a tempo de seu finamento, et a outra postremeyra persona que seia qual nomear aquela persona que por lo postromeyro de vos for nomeada, et non seendo nomeada persona que seia persona deste foro quen herdar os beens do postremeyro de vos de dereyto, et asi da outra persona. Conben a saber que vos aforamos o noso casal et herdades de Paas, que jas sub o signo de San Fiis de Vilafarte, en o dito noso arçeprestado de Aguiar con todas todas (sic) suas casas et herdades et dereyturas et pertenenças et entradas et saydas, a montes et a fontes, por donde quer que vaan sub o dito signo de San Fiis et en outros quaesquer lugares. O qual foro vos fasemos por vertude de huna dimitiçion et renunçiaçion que del feso en nosoutros Fernan Dias de Teyxeyro, fillo ligitimo de Lopo Lopes de Teyxeyro et de sua muller, Sancha Vaasques, a tal pleito et condiçion que façades sacar de monte et de canpo as herdades do dito lugar en as agras et lugares donde se senpre labraron et donde sacaron os outros da dita fleyguisia, et que fasta quatro anos primeyros seguentes façades en o dito lugar huna boa casa lousada, et ha mantenades feyta et cuberta vos et vosa muller et personas, et que seiades senpre en honrra et probeyto dos benefiçiados da dita iglesia; et que dedes de foro et çenso et pension, en cada un ano, vos et a dita vosa muller et personas a o aministrador que agora he, et a o que for do dito arçeprestado de Aguiar, quarenta maravedis de moeda vella, et que os paguedes por cada dia de San Martino de nobenbro; et que cada persona que despois de vos et da dita bosa muller subçeder por persona deste foro que seia tiuda et obligada de se vinir mostrar por persona do dia que en el subçeder por persona deste foro fasta treynta dias primeyros segentes, so pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto perga o dito foro et se torne a o dito arçeprestado de Aguiar, cuio he; et a finamento da postremeyra persona, que subçeder en este dito foro, que o dito lugar et casas et herdades fiquen feytas et cubertas et ben reparadas a nos, o dito cabildo, et a o aministrador que por nos for do dito arçiprestado de Aguiar, cuio he, con todos los reparos et boos paramentos que en el foren feytos.

Et eu, o dito Lopo Pineyros, que presente estou por min et por la dita mina muller et personas asy resçebo en foro de vos, os ditos senores do dito cabildo, o dito lugar et casas et herdades, segundo arriba se conten, con todas las condiçoes arriba contiudas, et obligo a min et a meus bees et da dita mina muller et personas de o teeremos et gardaremos et conpliremos et faseremos et pagaremos todo asy segundo arriba se conten.

Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro, anbas en un tenor, por o notario et testigos de juso escripto huna para vos, o dito Lopo Pineyros, et vosa muller et personas et outra para nos, o dito cabildo, et nosos subçessores, et por mayor firmesa mandamos seelar a carta de vos, o dito Lopo Pineyros, con noso seelo pendente.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo, dia joves, veynte et seys dias do mes de nobenbro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et dous anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron o dito foro: Johan Afonso, chantre; et Alvaro Dias, arçediano de Sarrea; et Gomes Garçia, arçediano de Deçon; et Diego Ferrnandes, mestrescola; et Gomes Garçia, juys; et Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; et Rodrigo Afonso da Rigueyra, et o dito Diego Vasques, et Johan Ares de Parrega, et Pedro Martines de Foriis, et Pedro de Mera, et Afonso de Galdo, canonigos et capitulantes; et Roy Lopes de Teyxeyro, clerigo do coro de Lugo, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo ho que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro, segundo ante min pasou et por las ditas partes foy outorgada, con mina maao escripvi et por ende fis aqui estos meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.