GMH/ÍNDICE A-Z

124

1360, decembro, 2. Vilamaior-Mondoñedo.
Afonso Eanes, capelán da capela de Santa Catarina, incluída na Catedral de Mondoñedo, fai escritura de foro a favor de Gonzalo Eanes dunha horta sita nas proximidades da fonte da cidade de Mondoñedo, que pertencía á devandita capela.
A, perg., con signo notarial, de 245 x 355 mm. Letra semigótica.
C, papel, tamaño folio.

Enno nome de Deus. Amen. Sabam quantos esta carta viren commo eu Affonso Eanes capelam da capela de santa Cathellinna que he dentro enna iglesia cathedral de santa Maria / de Vilamayor por que entendo et sey que he prol et boo paramento da dita capela et dos capelaes que veeren en ela afforo et dou a foro por jur de herdade para senpre en quanto / eu posso et deuo de dereito a uos Gonçaluo Eanes morador enna rua da Fonte desta dita vila de Vilamayor et a Maria Gardada uossa muller et a uosa uos aquela orta / et lugar que jas aa fonte desta dita vila aly hu morou Garçia Peres da Fonte et Johanna Martines sua muller que eles leyxaron aa dita capela et me a min perteesçe por nome et uos / dela con seus jures et pertenenças entradas et saydas et con seus aruores que y estan et auedes a dar et pagar a min et aos outros capelaes que veeren depoys de min enna / dita capela cada anno de foro por la festa de San Martino de nouenbro quatro libras desta moneda husaull que ora corre de nosso sennor el rey a viinte soldos cada libra ou doutra moneda / que correr adeante que valla tanto et a meatade dos salxes que y ouuerdes. Et non pagando uos et uossa uos os ditos dineiros ao dito praso et seendo sobrelo frontados que eu et / os outros capelaes que y veeren depoys de min possamos resçeber o dito foro et lugar con todo o boo paramento que y esteuer feyto. Et nos os ditos Gonçaluo Eanes et Maria Gardada minna muller / que presente he assy resçebemos a dita orta et lugar et obligamos por nossos bees de o conprir en todo commo dito he. Testemoyas que presentes foron Johan Luca yrmao de Maria Gardada Fernan Capeeyro / Louenço Deus et Affonso de Roças çapateyros visinos et moradores de Vilamayor et outros. Feyta a carta en Vilamayor dous dias de desenbro Era de mill et tresentos et noueenta / et oyto annos. (a. 1360) Et eu Johan Affonso notario publico dado do bispo en Vilamayor et en seu bispado con las ditas testemoyas a esto presente fuy et por mandado das ditas partes esta carta escriui et en ela / puge meu signal acustumado que tal he en testemoyo de verdade. (Signo)

Depoys desto quarta feyra xxvii dias de janeyro Era de mill et tresentos noueenta et noue annos (a. 1361) en presença de min Johan Affonso notario sobredito et das testemoyas subscriptas a rogo et / pedimento de Gomes Ares notario de Vilamayor et criado do onrrado padre et sennor don Afonso por la graça de Deus et da santa iglesia de Roma bispo de Mendonedo o dito sennor obispo mandou et deu / todo seu conprido poder a don Francisco Eanes deam da dita iglesia que fosse veer o dito lugar et afforamento que o dito Affonso Eanes fesera aos dito Gonçaluo Eanes et Maria Gardada sua muller et se achasse / que y non auya enganno da dita capela et dos capelaes dela que lla aforasse et outorgasse o dito foro por jur de herdade para senpre aos ditos Gonçaluo Eanes et Maria Gardada e a sua uos segun que lles / era feyta por lo dito Affonso Eanes. Testemoyas que presentes foron Domingo Ledo coengo et Lopo Yanes raçoeyro de Mendonedo Rodrigo Aluares de Santiago notario de Vilamayor Johan Lopes de Burela clerigo / et outros. Et eu Johan Afonso notario sobredito que o escriui por mandado do dito sennor obispo et aqui puge meu signal que tal he en testemoyo de verdade (Signo).
Depoys desto sabado tres dias dabril Era sobredita en presença de min Johan Affonso notario sobredito en das testemoyas adeante scriptas enno alpendre da iglesia de santa Maria de Vila/mayor aa sayda das Uesperas o dito don Francisco Eanes deam diso que fora por sy veer a dita orta et lugar con outros ommes boos lauradores et que achara que o dito afforamento feyto por lo / dito Afonso Eanes que non auya en el enganno et que era prol et boo paramento da dita capela et dos capelaes dela et demays resçebeu juramento ennos santos euangeos do dito Affonso / Eanes se achara outro algun que lle mays por ela desse et el disso que non et que o afforara o mellor que podera. Et o dito deam entergou o dito foro et orta et lugar aos ditos Gonçaluo Yanes / et Maria Gardada et a sua uos por jur de herdade para senpre segundo que lles era afforado por lo dito Affonso Eanes et deuho por çerto et por valioso pagando eles os ditos dineiros commo dito he. / Testemoyas que presentes foron don Diego Fernandes mestrescola de Mendonedo Domingo Ledo coengo Pedro Galuan raçoeyro de Mendonedo Diego Martines notario Esteuao Peres et Pedro Deus clerigos do coro et outros. Et eu Johan Affonso notario sobredito con las ditas testemoyas a esto presente fuy et a rogo et pedimento dos ditos Gonçaluo Eanes et Maria Gardada esta carta escriui et en ela puge meu signal que tal he en testemoyo de verdade que foy feyta en Vilamayor dia et era sobreditas por las ditas testemoyas. (Signo).
(Na parte superior do documento e con tinta distinta lese): Et este lugar que uos eu o dito Affonso Eanes afforo departese da outra herdade de Pedro Calçon que jas con ela a par et por lo royo de Conpin et das casas que feso Esteuao de Vilanoua et por la /corredoyra et uay ferir aa herdade de Lampaa et commo se departe daquela orta da albergaria que laura Andre da Fonte et outros lauradores. Johan Affonso notario que o escriui.

(Reverso):
M. viii. n. 39. Foro das ortas da Fonte que Lourenço(?) deu ao cabidoo. Publicada sabado xii dias de febreiro anno Domini mº ccccº primo con outra carta signada sobre este feyto por Lopo Peres coengo o dico arçidiago et vicario diso que daua sua actoridade. Testemoyas Gonçaluo Peres de Rex Johan das Figueiras Afonso Fernandes raçoeyro et outros.