GMH/ÍNDICE A-Z

139

1410, maio 15. Vilamaior-Mondoñedo.
Compromiso levado a cabo entre o bispo don Álvaro de Isorna e o Cabido de Mondoñedo polo que, en relación co preito sobre a presentación da freguesía de Bravos que ámbalas partes afirmaban que lles pertencía, lle deron poder a Fernando Alonso de Belmonte para que sentenciase definitivamente a controversia.
A, papel, con signo notarial, de 210 x 293 mm. Letra semigótica.

Saban quantos esta carta viren commo pleito et contenda que era et podia seer mays adeante entre nos don Aluaro por la graça de Deus et da / santa Iglesia de Roma bispo de Mendonedo oydor da audiençia de noso sennor el rey da hua parte et o dean et pesoas et coyngos et benefiçiados / do cabidoo da nosa iglesia de Mendonedo da outra parte disendo os sobreditos pesoas et coengos et benefiçiados que elles et o dito cabidoo / estauan en jur et posison de apresentar clerigo ydoneo aa terça parte sen cura de toda a iglesia de Santiago de Brauos que he sita enno / arçidiagado de Viueiro quando et cada que ela vagara et nos disendo que este dito benefiçio que estauamos en jur et posison / de presentar a el por rason da nosa dignidade episcopal quando et cada que vagou por morte de Aluaro Marques et agora depoys / por morte de Pedro Afonso cardeal de Santiago clerigo vltimo que foy del et agora nos por nos quitar de mays pleito et contenda et / por gardar seu dereito ao dito cabidoo et outrosy que o noso dereito se non perdese por esta rason nos as ditas partes confiando / da boa discreçon et sabedoria de uos Fernando Afonso de Belmonte clerigo consentimos et outorgamos en bos por por juys deste pleito / et por esta presente carta vos damos et outorgamos todo noso liure et conprido poder para que sobresta dita apresentaçon aueades / o dito pleito et sabeades a verdade por ondequer que mellor poderdes saber et vejades et examinedes ben et diligentemente todo / los dereitos da hua parte et da outra et liuredes et declaredes este dito pleito por vosa sentença difinitiua commo achardes por / dereito para qual bos damos et outorgamos todo noso liure et conprido poder. Et porque esto seia çerto et non venna en dulta / rogamos et mandamos a Johan Ramos coengo et notario da dita iglesia de Mendonedo que vos dese delo esta carta de poder signada / con seu signal. Que foy feita enna iglesia de Mendonedo joues quinse dias do mes de mayo Era da naçença de noso Sennor / Jesucristo de mill et quatroçentos et des annos. Testemoyas que foron presentes Ares Peres archidiago de Trasancos Ares Vasques archidiago de Montenegro Diego Peres thesoureiro Afonso Esteues bachiller en Decretos Juan das Figueiras Afonso Eanes Juan de Sayoan Fernando Boo pesoas et coengos da dita iglesia de Mendonedo et outros.
Et eu Johan Ramos coengo et notario da iglesia de Mendonedo a todo esto que de suso dito he con las ditas testemoyas presente fuy et esta carta de poder / escriui a rogo et pedimento et por mandado das partes et en ela puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he rogado et requerido (Signo).

(Reverso):
M. x. m. 93. Commo el cabildo presenta el beneficio de Santiago de Brauos. Carta de poder para Fernando Alonso de Belmonte.