GMH/ÍNDICE A-Z

143

1421, novembro, 22. Vilamaior-Mondoñedo.
O Cabido da Catedral de Mondoñedo outorgoulle unha escritura de foro de dous casaríos sitos en Marzán (Foz) a favor de Diego Pérez, tesoureiro.
A, perg., con signo notarial, de 260 x 292 mm. Letra gótica cursiva.

Enno nomme de Deus. Amen. Era da naçença de noso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et viinte et hun annos sabado biinte et dous dias / do mes de nouenbro seendo este dito dia en cabidoo por canpaa tanjuda segundo que he de huso et de costume enno paaço dos caualeiros / onde acostuman de fazer cabidoo et seendo enton presentes enno dito cabidoo don Juan Diaz dean de Mondonnedo et don Pedro Marinno de Lobeira / chantre et vigario geeral do bispado de Mondonnedo et Diego Peres thesoureiro et Gonçaluo Peres Rodrigo Ares Diego Aluares Pedro Martines Juan Engres Juan Yanes / Gonçaluo Diaz Juan Yanes de Burela Pedro Diegues Pedro Rodrigues pesoas et coengos da dita iglesia de Mondonnedo o dito Deigo Peres thesoureiro que presente era / diso que el et Roy Fernandes mestrescola que foy de Mondonnedo tiinnan aforado do dito cabidoo por sua vida danbos et de cada hun deles / os dous casares de Marçan que o dito cabidoo conprara a Aluaro Marques et a Pedro Fernandes de Louro et ao mi(?) frey Pedro que foron dos / Pycos et a Pedro Lopes de Mannente et de Mayor Rodrigues sua muller por los quales ditos casares avian de pagar en cada hun anno / ao dito cabidoo çento et trinta et çinquo mor. da moneda que pagaren aas rendas do cabidoo os çento et vinte para o aniuersa/rio de Aluaro Afonso dean que foy de Mondonnedo et os quinze para o aniuersario de Pedro Domingues raçoeiro os quaes avian de pagar / en cada hun anno por dia de san Johan Baptista et demays avian de fazer ennos ditos casares hua casa de pedra de oyto bra/ças cuberta de tella et hua corte et prouar as ditas herdades de dous caseiros de terço ou medeo qual ante queseren os quaes caseiros / haan de seer defesos segundo que foren os outros caseiros da iglesia de Mondonnedo. Et por quanto se o dito mestrescola finara et ficaran / os ditos casares enno dito thesoureiro por las ditas condiçoes que o dito Diego Peres thesoureiro que lles pedia que teuesen por ben de lle dar / et prolongar mays o dito foro dos ditos casares por duas pesoas depoys da morte do dito Diego Peres thesoureiro quaes el no/mear et leyxar en seu testamento depoys da dita sua morte. Et o dito dean et omes boos veendo que fazian sua / prol et boon paramento seu et da dita iglesia diseron que lles prazia todos ajuntados en en hun acordo et o dito thesoureiro diso que / asy reçebia o dito foro por las maneiras et condiçoes sobreditas. Et o dito dean et cabidoo diso que asy llo outorgauan para el / et para as sobreditas duas pesoas et aa morte das ditas duas pesoas depoys del que ditos casares ficasen desenbar/gados ao dito cabidoo. Et o dito thesoureiro et as ditas duas pesoas que leuasen todos los prouos que teuesen ennos ditos / casares sen enbargo do dito cabidoo depoys da dita sua morte. Et de esto en commo se pasou as ditas partes mandaron / a min notario que fezese delo duas cartas de foro as mays çertas que se podesen faser hua para o dito cabidoo et outra / para os ditos foreiros. Testemoyas que para elo foron chamados et espeçialmente rogados os sobreditos dean et pesoas et coengos et / Afonso Fernandes et Juan Caluo et Diego Lopo et Fernan Yanes raçoeiros et outros.
Et eu Johan Ramos coengo et notario da iglesia de Mondonnedo a todo esto que sobredito he con las ditas testemoyas presente / fuy et esta sobredita carta de foro ocupado en outros negoçios por outro enna minna presença fige escriuir / et aqui en ela puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he rogado et requerido. (Signo).

(Reverso)
B. 49. M. viii. n. 17. Autorizamiento de vna scriptura de heredades en Marçan.