GMH/ÍNDICE A-Z

166

1453, abril, 20. Vilamaior-Mondoñedo.
Decreto dado polo provisor do bispado de Mondoñedo para que o procurador do Cabido catedralicio tomase posesión do préstamo, metade sen cura, de Santaballa de Merille.
A, papel, con rúbricas do provisor e do notario, de 195 x 288 mm. Letra semigótica.

De min Gonçaluo Martines de Alcala arçipreste de Cuellar prouisor et vicario general da iglesia et obispado de Mondonedo por lo reuerendo sennor don / Alfonso Segura obispo do dito obispado a uos Juan Ramos clerigo con cura de Santaballa de Merille et a qualquer / outro clerigo do dito obispado que for requerido soude en Deus. Façovos saber que por renunçiaçion que feso en minnas maos / Afonso Fernandes clerigo vltimo posuidor da metade sen cura da dita iglesia de Santaballa eu presentey et prouey da dita iglesia / ao cabildo de Mondonedo et a seu procurador et la aneyxey a sua mesa capitular para senpre por avmentaçion do culto diuino por / que vos mando et amoesto primero secundo et terçio en virtude de santa obediençia et su pena d-escomoyon que vista esta minna carta et se/endo requeridos por parte do dito cabildo et seu procurador que logo vaades con el aa dita iglesia et ho ponnades et apoderedes et asen/tedes realmente et con efecto enna posison vel casi da dita metade sen cura da dita iglesia asi vacante por libros et cales / et vestimentas et ornamentos et canpaa tangida dela segundo costume do dito obispado. Et el asi por vos posto et apode/rado enna dita posison mando sub a dita pena d-escomoyon a todos los frigeses da dita iglesia que agora son et foren / ao adeante que recudan et fagan recodir ben et conplidamente des aqui adeante para senpre ao dito cabildo de / Mondonedo et a seu çerto recado et non a outro algun con todos los desemos fruytos et rentas et quaesquer outras e/clesiasticas dereituras aa dita metade sen cura da dita iglesia en qualquer maneira perteeçentes et ajadas et ajan / a dita metade sen cura da dita iglesia por vnida et anexada et incorporada para sienpre ao dito cabildo et a sua / messa capitular et ho ajan por leuador et propietario perpetuamente do dito benefiçio sen cura recudindolle / conplidamente segundo recodiron ao dito Afonso Fernandes et seus anteçesores. Et os huns nin os outros non façades nin façan / ende al sub a dita pena d-escomoyon a qual ponno fulmino en aquel ou aqueles que delo fesseren o contrario en estes / escriptos et por eles. Dada enna çiudade de Vilamayor xxte dias do mes de abril anno do naçemento de noso / sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et çinquenta et tres annos. Gundisaluus prouisor (Rúbrica). Petrus de Horozco canonicus notarius apostolicus (Rúbrica).

(Reverso):
Anno do sennor Jesucristo 1UCCCCLIII domingo seis dias do mes de mayo estando dentro enna iglesia de Santaballa de Mirille estando presente Juan Ramos clerigo et cura / da dita iglesia et Juan Rodrigues de Bustemeao et Pedro de Barçies et Juan Martines et Garçia da Rocha et Juan Martines o novo et Pedro das Canbas et outros fligueses da dita iglesia en pre/sençia de min notario et os ditos fligueses et testigos paresçeu Ares Fernandes raçoeiro et procurador do cabildo de Mondonedo et requiriu ao dito Juan Ramos clerigo que conplise esta carta de / instituiçon segundo se en ela continna et sub as ditas pennas et censura et eso mesmo aos ditos fligueses et logo o dito Juan Ramos clerigo diso que obedesçia a dita carta et o en ela / conprindo tomou o cales de plata et vestimentas et libros de [...7] os poso ennas maos ao dito procurador do dito cabildo et a corda ca canpaa et diso que / lle daua a posison corporal et real da dita metade da dita iglesia sen cura aneyxada ao dito cabildo. Et os ditos fligueses diseron que lles plasia delo / moyto et que eran prestes de responder et recodir des[...20] ou a quen el mandar con os desemos frutos et dereituras aa dita iglesia per/teeçentes et non a outro algun. Et o dito Ares Fernandes procurador asi ho [...20] notario que lo dese asi sinado para guarda de seu dereito do dito / cabildo et feso mais o dito procurador a min dito notario et clerigo [...20] misa enna dita iglesia a qual eu dise resada en sinal de posison. / Testigos os ditos freygueses da dita iglesia en todo [...20] Et eu Fernando Dias de Vilacanpa clerigo et notario publico / jurado dado do bispo de Mondonedo enna sua çibdade de Vilamayor et en todas las vilas et lugares de todo seu / bispado a esto que dito he presente foy esta carta de posison et apoderamento feito ao dito Ares raçoeiro et procurador do dito / cabildo et para el feita por lo dito Juan Ramos et consintida por los ditos frigueses siney de meu sino acus/tumado que tal he en testemoyo de verdade rogado et requerido por lo dito procurador. (Signo). Fernandus Didaci presbiter notarius (Rúbrica).

(Reverso):
M. v. n. 33. Posesion de la mitad sin cura de Santaballa de Merille vnida al cabildo.