GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1188
1469, febreiro, 11 sábado. Lugo
O vigairo lucense afóralles a Xoán de Santa Eufemia, á súa muller e a dúas voces o casal e herdades de Santa Eufemia na freguesía de San Martiño dos Condes, por renda anual de tres fanegas de centeo, dez marabedís por servicios e a obrigación de construír dúas casas.

MADRID, AHN, Carp. 1333 C/2, perg. orix., galego, cortesá, 305 x 200 mm.

Sepan quantos esta carta de aforamento vyren como eu don Ruy Lopes, liçençiado en decretos, jues ordynario [...] et obispado de Lugo por lo muy reverendo in Christo padre et senor don Garçia de Vaamonde, Obispo de Lugo, oydor da Abdençia de nuestro senor el Rey et del su Consello, veendo et entendendo que faço probeyto et boo paramento do dito senor Obispo et de sua iglesia et mesa obispal, dou aforo et a vervo a vos Juan da Santa Eufemea et Maria Gomes, vosa muller, et a outras duas personas depoys de vos, huna qual o postremeyro de vos nomear et a outra persona que for nomeada por a persona de vos, et non seendo nomeada que seia persona aquel que de dereyto herdar vosos bees, et con tal condiçon que o postromeyro que suçeder en o dito foro et del ficar por persona sea tiudo et obligado de se viir mostrar a nos como he persona que suçede en o dito foro fasta trinta dias primeyros siguentes, so pena de o perder. Conven a saber que vos aforo, segund que dito he, ho casal et herdades et con todas las cousas a el perteesçentes chamado de Santa Eufemea, o qual he syto et locado en a frigesia et su o sygno de Sant Martino dos Condes, segund que el perteesçe a o dito senor Obispo, et por lo qual vos et as ditas personas depoys de vos avedes de dar et pagar a o dito senor Obispo et seus moordomos et colledores, de cada un ano, de foro, çenso et pensyon tres fanegas de çenteo linpo de poo et de palla por medyda dereyta postas en salvo et en pas en o dito logar, en cada un ano, et des maravedis por serviçios en cada un ano, et mays de aqui a tres anos primeyros seguentes avedes de faser duas casas en o dito logar cada huna de seys braças de longo et quatro de ancho de pedra et de madeyra et cubertas de palla. Et compridas et acabadas as ditas personas que as ditas herdades et casas fiquen labradas et cubertas et feitas et ben reparadas a o dito senor Obispo et sua yglesia et mesa obispal libres et quitas et en boo paramento con todas las benfeytorias que en eles foren feitas et reparadas.

Et eu, o dito Juan de Santa Oufemea, por min et en nome da dita mina muller et personas, segund dito he, asy reçebo de vos o dito senor Ruy Lopes, liçençiado, vicario et provisor do dito senor Obispo, o dito foro para min et para elas, segund et en a maneira que mo vos fasedes, et obligo a min et a meus bees mobiles et rayses et da dita mina muller et personas do teer, conprir et guardar, procurar, pagar en todo et por todo, segund et en a maneira que dita he, et de faser as ditas casas et as cubrir a o dito plaso. Et eu o dito Ruy Lopes, liçençiado et provisor sobredito, asy vos lo outorgo. Sobre lo qual nos as ditas partes outorgamos delo esta carta de foro por lo notario de juso escripto a o qual rogamos et mandamos que a faça a mays forte et firme que se poder faser et notar en dereito.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo, sabado, honse dias do mes de febreyro, ano do nasçemento de nuestro senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et nove anos.

Testigos que foron presentes: Juan de Byveyro, et Ares de Santa Aia, et Fernando Mourelo, et Vaasco de Lamela, et Diego Ponto, et Afonso Vello.

Et eu Fernan Ares das Moreiras, notario publico da çiudade et obispado de Lugo por la abtoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro, segundo que por min pasou, por mandado et outorgamento do dito senor Ruy Lopes, liçençiado, provisor et vicario sobredito, et a rogo et pedimento do dito Juan de Santa Eufemea aqui por outro en mina presençia fis escripvir, et aqui puge meu nome et signal en testemoyo de verdade que tal he.