GMH/ÍNDICE A-Z

1240
1477, xaneiro, 6. Lugo
Inés Fernández dóalle a Afonso Yanes todo o que ten nas freguesías de San Fiz de Muxa e en Santa María Madalena de Recatelo.

MADRID, AHN, Carp. 1333 C/19, perg. orix., galego, cortesá, 180 x 195 mm.

Sabam quantos esta carta de pura donaçiom vieren como eu Eynes Ferrnandes, moradora en Sant Fiis de Muja, muller que foy de Fernando Peres de Sant Fiis, çapateyro, cuja alma Deus aja, non constringida por força nin deçebida por engano ante de mina propria et libre vontade por fazer graçia et boa obra a vos Afonso Yanes de Malle, piliteyro, vesino da ciudade de Lugo, por moytas et boas obras que me vos fezestes et fazedes de cada dia, outorgo et conosco que vos dou et dono en pura et firme donaçion non revocable entre vivos por senpre jamays por jur de herdade todos los meus beens, mobles et rayzes, que eu ajo et a min perteesçen por min et en guanamento o dito meu marido, tyo de vos, o dito Afonso Yanes, segundo que elles jazen et son sitos et locados sub os signos de Sant Fiis de Muja et de Santa Maria Magdalena de Recatello, os quaes vos dou et fago donaçion para vos et para todos bosos erdeyros et subçessores puramente sen ninguna condiçon de mina boa et pura voontade et sen outra premia ninguna, et quero et outorgo que posades aver et teer vos et vosos erdeyros para senpre jamays, et posades fazer deles et en elles todo o que quiserdes et por ben toberdes asy como de vosa cousa propia; et doubos os ditos beens con todas suas entradas et saydas et arbores et agoas estantes et correntes et con todas suas pertenenças, quantas han et deven aver de feito et de dereito. Et desde oje endiante tiro a min et a todos meus erdeyros et subçesores do jur et posesion et propiedade que eu ajo et me perteesçe aver en as ditas herdades beens rayzes, et ho pono et traspaso en vos, o dito Afonso Yanes, et quero et outorgo que por vos et por vosa propia abtoridade posades entrar et tomar a posesion das ditas herdades et beens, mobles et rayzes, que vos asy dou sen justicia, ou con ella, como quiserdes et por ben toverdes. Et eu por la tradiçion da presente carta asy vos pono et apodero en a dita posesion et propiedade dos ditos beens, et prometo de nunca yr, nin viir, nin pasar en alguna maneira contra esta dita donaçion en juyzo, nin fora del, antes de aver por firme, et semillantemente nunca ha revocarey disendo que vos ou aquelles que de vos descenderen me son ingratos, et que me non gradescen ou que me sejan desconosçentes, fazendo contra min alguna d’aquellas cousas por que os dereitos queren que posan seer revocadas as donaçoes, et de vos defender a dereito, et prometo et outorgo de vos anparar de qualquer persona ou personas que vos quisesen contrariar esta dita donaçion, para o qual mellor teer renuncio et parto de min et de toda mina voz a ley de ingratidue et desobediençia, et todas las outras leys et dereitos canonicos et çebiis et municipaes, escriptos et non escriptos, que en contrario do que dito he podese allegar, et espicialmente a ley que dis que general renunçiaçion non vala, para que as non allegue en juyzo nin fora del. En testimonio do qual rogo et mando a o notario de juso scripto que vos de et faga delo huna carta de donaçion a mays forte et firme que se en dereito poder fazer et notar con consello de leterados, et tantas quantas vezes for mester emendar et correger que tantas se faga et correga.

Que foy feyta et outorgada en a dita ciudade de Lugo, a seys dias do mes de janeiro, ano domino milesimo CCCC LXXVIIº anos.

Testemoyas que foron presentes: Juan Ares, çapateiro, o vello; et Juan da Cruna, piliteyro; et Juan d’Alveyros, alfayate, et outros.

Et eu Gonçalvo Dourado de Goyoso, notario publico por la abtoridad apostolical, a todo o que sobredito he presente foy en un con os ditos testigos, et esta carta de donaçon escripvi, segun que ante min et dos testigos foy outorgada por la dita Eynes Fernandes, et por rogo et pidimento do dito Afonso de Malle aqui meus signo et nome acustumados puje en testimonio de verdade que tal he. Rogado et requerido (signo).

Gonçalvo Dourado, notario apostolico.