GMH/ÍNDICE A-Z

522
1349. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Ares Afonso, Gómez Afonso e a unha voz o casal de Vilapedre e cinco tegas de herdade na freguesía de Santalla de Devesa por renda anual de catro terzas de pan e dúas libras de cera.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 66v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o cabidoo da iglesia de Lugo, con outorgameto de don Alvar Dias, arçidiago de Neyra, teente a amystraçon do mes de iulio en Narla et en Parrega et en Goyos, a vos Ares Affonso de Villapedre, fillo d’Afonso Ares, et a Gomes Affonso, fillo d’Affonso Ferrnandes de Villapedre, et a huna pessoa qual o pustrimeyro de vos nomear en vida ou a ora da morte, damos et outorgamos a a tal vervo et foro, o casal de Villapedre, que he da iglesia de Lugo, que perteesçe a a dita amystraçon, con suas pertenenças et dereyturas, peru quer que vaan, sub signo de Santa Alla da Devessa, et mays con as çinquo teegas d’erdade en outra que y ha de leyxar Affonso Ferrnandes et Gonçalvo Peres que este casal teveron; a a tal condiçon conven a saber, que vos et a pesoa que para este vervo for nomeada lavredes et paredes ben estas ditas herdades assy commo perteeçen a o dito casal; et que dedes, cada anno, a o dito arçidiago en quanto for amystrador ou a o que tever a dita amystraçon por nos, quatro terças de pan, duas partes de temporao et a terça de serodeo por teega dereyta, et duas libras de cera; et a morte de vos ambos et d’aquela pesoa, que este casal et herdade sobreditos fiquen livres et quitos a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos et provados de II armentios.

Et nos, cabidoo et arçediano sobreditos, asi o outorgamos [...]nos de non viir contra esto en ninguna maneyra. Et outrosy nos, Ares Afonso et Gomes Afonso et por la pesoa que para esto asy for nomeada [...] outorgamos este vervo et obrigamos por nosos beens de o comprir en commo sobredito he, et rogamos a Fernando Peres, notario de Lugo, que fesese [...].

Feyto foy en Lugo X [...], era de mill et CCC LXXX VII annos. Testemoyas: don Fernando de Deus, chantres; don Vaasco Rodrigues [...] Andres Peres, Iohan Dias, Alvar Rodrigues, Tomas Gomes, coengos de Lugo, ts.

Et eu Fernando Peres, notario sobredito, a esto presente foy con as ditas testemoyas.