GMH/ÍNDICE A-Z

163

1453, outubro, 19. Loiba.
Gonzalo Pérez de Labrada, procurador do Cabido, en nome deste, toma persoalmente posesión das dúas sétimas partes sen cura de San Xiao de Loiba, unidas á Mesa Capitular.
A, papel, con signo notarial, de 283 x 305 mm. Letra cortesá.

Anno do nasçemento de noso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et çinqoenta et tres annos des et noue dias do mes outubre enno lugar et parrochia de Sant / Giao de Loyba estando dentro da dita iglesia en presença de min notario et testigos de juso escriptos paresçeu personalmente Gonçaluo Peres de Laurada canonigo da dita iglesia / de Mondonnedo et procurador que se mostrou dos sennores dean et cabildo da dita iglesia et por min o dito notario feso leer et publicar aos flegueses da dita iglesia / que estauan presentes vn proçeso feito et descernido por lo muy reuerendo en Christo padre et sennor don Afonso de Segura obispo de Mondonnedo por vertud de hua / bula a el conçesa por lo muy santo Padre Nicolao quinto moderno en qual se contynna et conten que el anexara a mesa capitular da dita iglesia de Mondonnedo / quatroçentas libras et esso mesmo presentou hua açeptaçon que el fesera asy commo procurador dos ditos sennores das duas septimas partes sen cura / da dita iglesia de sant Giao de Loyua que agora vacara por morte de Vasco Fernandes de Lugo canonigo de Ourense et benefiçiado que delas fora segundo que vacara / por sua morte del ou en outra qualquer maneira que estebesen vacos et diso que requeria et requireu a Juhan Fernandes da Amarroa clerigo curado do dito benefiçio de sant Giao / de Loyua asy commo procurador dos ditos sennores dean et cabildo et da dita mesa capitular que su as pennas contyudas enno dito proçeso o posese et apoderase enna / poseson vel quasi das duas septimas partes sen cura da dita iglesia vnidas por lo dito sennor obispo et por el açebtadas por libros et cales et vestimentas / et canpaa tangida et outros ornamentos de santa iglesia et que proçedese a todo ho a el cometido por lo dito proçeso et o dito Johan Fernandes clerigo et rector da dita iglesia / de sant Giao de Loyua diso que commo fillo de obediençia que obedesçia et obedesçeu o dito proçeso et bula en el contyuda et en lo conplindo tomou os libros / et cales et vestimentas da dita iglesia de Loyua et os poso et pasou ennas maos et poder do dito Gonçaluo Peres procurador et lle deu a corda da canpaa a que lle mandou / que tangese et el tangeu logo a dita canpaa. Et o dito Johan Fernandes diso que asy lle lla daua et deu a dita posison vel quasi das duas septimas partes sen / cura da dita iglesia de Sant Giao de Loyua que agora avya bacado por morte do dito Vasco Fernandes clerigo ou en outra qualquera maneira que vacase por vertude da dita / vnion proçeso et açebtaçion antel presentados en nomme dos ditos sennores dean et cabildo da dita iglesia et da dita mesa capitular et dos frutos et / rentas et obençiones. Et diso o dito Johan Fernandes clerigo que mandaua et mandou sub as pennas contyudas enno dito proçeso aos flegueses da dita iglesia / que estaban presentes os mays deles et aos outros que eran absentes que obedesçesen de aqui endeante ao dito Gonçaluo Peres procurador en nomme dos ditos sennores / et lle acudisen ou a outro çerto recabdo de aqui endeante con todos los frutos et rentas dezemos et obençiones aas ditas duas septimas / partes sen cura pertesçentes et non a outro algund et que os oubesen por anexos de aqui endeante a dita mesa capitular et os ditos flegueses que / eran presentes diseron que lles plazia et que obedesçian o dito proçeso et ho a eles mandado por lo dito Johan Fernandes clerigo. Et o dito Johan Fernandes clerigo diso que / asy daua et deu a dita posison vel quasi das septimas sen cura et frutos et rentas a elles pertesçentes aos ditos sennores dean et cabildo en nomme / da dita mesa capitular et ao dito Gonçaluo Peres en nomme deles. Et o dito Gonçaluo Peres procurador diso que asy tomaua et contynuaua a dita posison vel quasi / das ditas duas septimas sen cura da dita iglesia de santa Giao de Loyua et desemos et frutos et rentas et cousas a ela pertesçentes en nomme / dos ditos sennores et mesa capitular et pedeu a min o dito notario que llo dese asy signado todo para guarda et conseruaçon do dereito da dita mesa ca/pitular et dos ditos sennores dean et cabildo et del en sen nomme et rogou aos presentes que fosen delo estigos. Que foy feito enno dito lugar anno era / dia et mes susoditos. Testigos que foron presentes o dito Johan Fernandes clerigo et Diego Alonso canonigo et vigario de Vyueiro et Juhan Douteiro et Alonso de Mo/reyras et Johan de Maçineyra parrochianos da dita iglesia et outros.
Et eu Gonçaluo Yanes canonigo de Mondonedo et notario publico jurado dado do obispo de Mondonedo enna sua çibdade deVilamayor et en todo seu / obispado a todo esto que sobredito he con os ditos testigos presente fuy et esta carta de posision por outro fiz escripuir et aqui meus / signo et nomme puge que taes son en testimonio de verdade (Signo, que na súa parte inferior di: Gonçaluus Iohannis canonicus notarius. (Rúbrica).

(Reverso):
Posyson das duas septimas de Loyua.