GMH/ÍNDICE A-Z

497
1434novembro, 27
Pedro Fernández querélase ante o xuíz e alcalde por unha agresión con feridas que sufrira o seu irmán Rodrigo Fernández. (fol. 153v)


Pero Fernandes.

A XXVII dias do dito mes deu querella a Pero Rodrigues juis da çidade d’Ourense e alcallde enno dito obispado, de Fernando e Gomes p Crespo et de Tereija moller de Pero da Caal, moradeiros en Outeiro da Lagea, que estando seu yrmaao Rodrigo Fernandes, morador en Outeiro da Lagea, manso et seguro e non fasendo mal a persona nehuna por que mal devese reçeber, que os sobre ditos que lle deran çertas feridas, das quaes estava en ponte de morte, por ende que lo dava por querella etç., con juramento que feso etç. e o dito alcallde diso que lle pesava etç. Tests. Afonso Codeiro, Joan Fernandes carniçeiro et Afonso de Betanços notario.

              Diego, Rodrigo Gomes (fol. 153v)