GMH/ÍNDICE A-Z

D158
1459, maio, 6
Pedro de Miranda, alcalde no bispado de Ourense por Xoán de Padilla, corrixidor maior de Galicia, require ao rexedor Xoán Curtido 30 marcos de prata e
30 libras de ouro achados na freguesía de Melias por un labrador e supostamenete entregados a el, o cal nega. (fols. 47v-48)

Pero de Myranda alcallde.

Enna çidade d’Ourense, domingo seys dias do mes de mayo do dito anno de LIX annos enna iglesia catredal do señor San Martiño, estando y presentes Pero de Myranda alcallde da dita çidade et obispado d’Ourense por noso señor el rey en lugar de Joan de Padilla correjedor mayor do dito señor rey enno reyno de Gallisia, outrosy estando y presente Joan Cortydo rejedor da dita çidade, en presença de min o notario et tests. de juso escriptos, logo o dito alcallde diso que requería ao dito Joan Cortydo que por rason que lle era dito et (asy era notorio et publyca fama)* que el tyna et ouvera de (- - -) ata triinta marcos de prata en peças myudas et ata triinta libras de ouro, o qual avya achado enno lugar de (- - -) que he enna freigesía de Mellees et o dito (- - -) que asy achara o dito achadego que o dera en garda a sua moller del dito Joan Cortydo, estando ela ala lavrando suas erdades et trouxera en seu poder a esta çidade (as)* en seu poder, por ende que lle pedia et requeria da parte do dito señor rey e sua en seu nomme que trouxese en sy secrestado o dito ouro et prata et o non dese a nehuna persona sen mandado do dito señor rey ou dito correjedor del en seu nomme, poys que
o dito achadego perteesçia de dereito ao señor (rey)* rey e a el en seu nomme, et fasendoo asy diso que faria ben et dereito et o que devía et era obrigado, en outra maneira diso que protestava et protestou que o dito señor rey (se tornase a el et)* ou o dito correjedor (fol. 47v)
ou el en seu nomme se tornasen a el et a seus beens por los ditos triinta (marcos)* /dobras\ douro et viinte marcos de prata, os quaes ditos beens diso que confiscava et confiscou para a camara do dito señor rey et que o pedia asy sinado, et logo o dito Joan Cortydo diso que negava expresamente que nonca tal ouro nen prata nen achado ouvera nen tyna el nen a dita sua moller nen sabya que era, et que esto dava por resposta, negando suas estimaçons et protestaços. Tests. que foron presentes Joan Afonso de Tenoyro et Ares de Prado et Rodrigo de Frontada et Fernando criado de min o dito notario et Loys Garçia.