GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

168

s/d

Tereixa Díaz, viúva do rexedor Rodrigo García, afora vitaliciamente a Gonzalo de Ramuín, criado seu, dous leiros de viña por cuarta. (fol. 53-53v)

Gonçalvo de Ramuyn.   Feita e dada a Gonçalvo de
Ramuyn.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Tereija Dias, moller que foy de Rodrigo Garçia, rejedor que foy da çidade d’Ourense, por min et en nome de meus fillos e do dito meu marido, dou e outorgo aforo a vos, Gonçalvo de Ramuyn, meu criado, por tenpo de vosa vyda et mays non, dous leyros de viña que eu e o dito meu marido avyamos a sobre la Fonte do Monte, o qual parte de huna das partes con viña que foy de Joan Ares Pequenino e da outra parte con viña que foy de Joan Fernandes de Rio Seco et ho outro leyro parte con viña do dito Ares e con outra de Joan Peres e topa enna congostra que vay para Çebolino; aforovoslo por lo dito tenpo de vosa vyda con todas suas entradas etç. por tal condiçon que o labredes et paredes ben en tal maneira como non des ( fol. 53)
desfalesca por mingoa de lavor et de boon paramento et façades foro de quarta de todo o viño et conposta que deus en eles der vos e vosas v a min et a miñas voses e do al que ajades os ditos leyros de viño de disemo a deus, et he posto condiçon que me non sejades yngrato nen desconosçido e que me servades e aconpanedes segundo que agora comigo estades et \et eu, a dita Tereija Dias, que vos non seja desconosçida/ obrigo meus beens de voslo faser saa e de paz etç. et eu, o dito Gonçalvo de Ramuyn, obrigo meus beens de conprir todo asy etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. tests. Pero Pereira e Gonçalvo Rodrigues juis de Çebolino e Joan Copino morador en Castadon.