GMH/ÍNDICE A-Z

20

xaneiro, 8

Diego de Canedo e Fernando Gaiteiro obríganse a traballar a viña de García Fernández de Cobreiros, sita en Ervedelo, ata mediados de xuño, por 160 mrs. e mantenza. (fol. 6)

Garçia Fernandes.

A VIIIº de janeiro, Diego de Canedo et Fernando Gayteyro obrigaron a sy et a todos seus beens de cabar et rendar a Garçia Fernandes de Cobreyros a sua viña d’Ervedello en esta maneira, de lla dar cabada en todo o mes de março e de lla dar rendada ata medeado do mes de junyo primeiros segentes, e que seja cabada et rendada rasonavelmente, et o dito Garçia Fernandes que lles ha de dar de comer de pan e viño e carne et mays çento et seseenta mrs. branca en tres diñeiros por esta gisa, ameatade delles enna caba e a outra ameatade enna renda, para o qual todos asy se obrigaron etç. Penna CC .- etç. Tests. Ares Fernandes alfayate e Gomes Ares seu criado e Joan de Bouteiro.