GMH/ÍNDICE A-Z

224

s/d

Lourenzo de Bueiros, morador en Santa Marta de Moreiras, obrígase a pagar en pan 150 mrs. que recibiu de Xoán de Cachamuíña, que entregará durante cinco anos a razón de 6 fanegas de centeo anuais, a 5 mrs. cada fanega. (fols. 72v-73)

Joan de Caschamuyna. Feita e dada.

Sabean quantos esta carta viren como eu, Lourenço de Bueyros, morador enna freigesía de Santa Marta de Moreyras, conosco et outorgo que devo e ajo de dar et pagar a vos, Joan de Caschamuyna, çento et çinqoeenta mrs. de moeda vella branca en tres dños., dos quaes ditos çento e çinqoeenta mrs. da dita moeda me logo dou et outorgo de vos por entrego e ben pago por etç. por los quaes ditos CL .- me obrigo de voslos encher en pan en esta maneira doje a çinqo annos conpridos primeiros sigentes et de vos dar de cada hun anno seys fanegas de pan en todo o mes de agosto medido por medida dereyta \da dita terra/ enna dita freigesía de Moreyras \ou enna de San Çibraao/ a rason de çinqo mrs. cada fanega, que son asy conpridos os ditos CL .- et de vos dar de cada hun anno as ditas seys fanegas de çenteo segundo ( fol. 72v)
dito he sopenna de çinqo mrs., para o qual obrigo a min e todos meus beens e en espiçial vos obrigo o meu lugar de Bueiros para que ajades o dito pan etç., sobre lo qual outorgo contrauto forte e firme etç. Tests. Alvaro Peres barbeiro, Lourenço alfayate et Joan Porqallo o vello.