GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

282

xuño, 11

Diego Ares esixe redimir un balandrán que tiña empeñado por 29 mrs. a Afonso de Untes e que xa foi vendido a Vasco de Lemos, alegando este a expiración dos prazos. (fols. 89v-90)

Diego Ares.

Et despois desto, sesta feira, onse dias do mes de juyo, en Ourense enna Praça do Canpo, Diego Ares requerío Afonso d’Untes et a Vasco de Lemos en hun balandran que tiña enpenado por XXIX .- et por quanto lle disera que o posera por los ditos mrs. a Vasco de Lemos que presente estava et que o tragia a vender a pregon e alleyllan e lle disera o dito Vasco de Lemos que oje este dito día veese por el, por ende que requeria anbos a dous, asy ao dito Vasco de Lemos como ao dito Afonso d’Untes, que lle desen logo seu balandran e tomasen seus mrs., senon que protestava de aver por elles e por qual quer delles tresentos mrs. vellos que diso que estimava o dito balandran et o dito Afonso de Lemos ( fol. 89v)
d’Untes diso que por quanto o dito Vasco de Lemos asynara praseo a el e ao dito Diego Ares para que oje este dito día remiise o dito balandran, por ende que lle requería que tomase seus mrs. e dese o dito jaque, senon que o mal et protestaçon que sobre elo recreçese que o dito Vasco de Lemos \diso que por lo dito Diego Ares non tina nada/ fose a elo tiundo etç. e logo o dito Vasco de Lemos diso que lles lo negava todo e que o dito jaque fora vendido a todos seus terminos e praseos e terminos et que non era a mays tiundo etç. et os ditos Diego Ares et Afonso d’Untes diseron que llo provarian en como lles disera que oje este día veese a dita prenda et por ende que protestavan segundo que protestado avyan etç. et o dito Vasco de Lemos diso que lles lo negava e que a dita prenda que se vendera a seus praseos etç. Tests. Afonso de Logilde, Ares Fernandes alfayate et Joan do Bouteiro e Gonçalvo Marra e outros.