GMH/ÍNDICE A-Z

45

xaneiro, 16

Pedro Rodríguez, carniceiro, demanda a Martín González, abade da Trindade, e a Rodrigo Afonso, cóengo, a entrega de dez moios de viño que lle colleran, cousa que eles negan. (fol. 13v)

Pero Rodrigues carniçeiro.

En este dia, ennas casas de Alvaro Fernandes coengo, Pero Rodrigues carniçeiro tomou testemunyo contra Martin Sanches abade et contra Rodrigo Afonso coengo que presentes estavan, que por rason que o tina pinorado Afonso Vasques por des moyos de viño que lle o dean librara enno dito Rodrigo Afonso, que lles requería que lle fesesen entregar sua pinora, senon que a estima a mill frolliins douro, os quaes diso que protestava de aver do dito vigario e do dito Rodrigo Afonso ou do dito cabido ou de quen devese de dereito e os ditos vigario e Rodrigo Afonso diseron que o desen con sua resposta que mostrase como o pinoraran e poder etç. que lle negavan suas estimaçoens e protestaçoens. Tests. Martin Peres de Trella, Pero de Porçomillos notario et Alvaro Fernandes coengo, Loys Gonçalves juis. ( fol. 13v)