GMH/ÍNDICE A-Z

1146
1462, maio, 28. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Xoán Mariño e a dúas voces unha casa pertencente á Capela dos Reis na freguesía de San Vicente de Monforte, por renda anual de 24 marabedís e a obrigación de lles dar pousada ós beneficiados.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 22 r.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de canpaa tangida, segundo avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, avido primeyramente noso acordo et madura deliberaçon, entendendo que façemos noso proveyto et de nosos suçesores, se et en quanto de dereyto podemos damos aforo et avervo a vos Johan Marino, morador en a villa de Monforte, por vosa vida et de outras duas personas depoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et outra qual nomear aquella persona que por vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia persona do dito foro quen erdar vosos beens et da outra segunda persona, huna casa, que he da Capela nova chamada dos Reys, que he sita et locada en a villa de Monforte, sub o signo de San Viçenço da dita villa de Monforte, en que vos agora morades, et ias da huna parte cabo de outra casa de Roy Vasques de Porta da Çerca, et da outra parte ias cabo de outra casa de Costança Martines, que he da dita Capela dos Reys, et topa en a rua publica; a qual dita casa vos aforamos con sua orta et saydo et entradas et saydas et jures et pertenenças et agoas vertes a ella perteesçentes et perteeçer deventes, asi de feyto como de dereyto, a tal pleyto et condiçon que vos et as ditas personas despoys de vos tenades a dita casa feyta, cuberta et ben reparada en tal maneyra que se non perga nen vaa a destruyson por mingua de reparo; et dedes vos et as ditas personas despoys de vos de foro por la dita casa et orta viinte et quatro maravedis de longos por dia de San Martino de novembre en cada un ano a nos, o dito cabidoo, ou a quen por nos ouber de aver et recaudar as rendas et foros da dita Capela nova chamada dos Reys, postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo, et que quando se aconteçer de yr et estar en a dita villa de Monforte algun benefiçiado desta iglesia que lle dedes pousada et cama en a dita casa et agoa et fogo et sal, et que se alguna ou algunas personas vos moveren pleyto sobre este foro da dita casa et orta que do dia que en el suçeder por foreyra fasta triinta dias logo seguentes nos vena notificar et insinuar como he foreyra do dito foro, sub pena que se o asi non feser que por ese meesmo feyto perga o dito foro; et a finamento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro, que a dita casa et orta fiquen libres, quitas et desenbargadas a nos, o dito cabidoo, et a dita casa fique cuberta et ben reparada con todos los boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu, o dito Johan Marino, que presente soo asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, segundo dito he por las maneyras modos et condiçoes sobreditas para min et para as ditas personas, et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de conplir et atender et pagar todo o suso contiudo, segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asy vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro, anbas en hun tenor, por lo notario iuso escripto huna para vos, o dito Juan Marino, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçesores, et por mayor firmesa mandamos seellar con noso seello pendente a carta de vos, o dito Juan Marino.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia esta feyra, viinte et oyto dias do mes de mayo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesente et dous anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, tesoreyro; Rodrigo Afonso das Camoyras, Juan Vidal, Diego Ferrnandes, Lopo Garçia, Rodrigo Afonso das Camoyras, Pedro Martines, Pedro Ferrnandes de Mera, canonigos da dita yglesia de Lugo, capitulantes.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta de foro por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios, et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.