GMH/ÍNDICE A-Z

633
1360, decembro, 22. Chantada

Carta de poder outorgada polo abade do mosteiro de San Salvador de Chantada, Gonzalo Martíns, a favor do monxe Afonso Eanes.

MADRID, AHN, Carp. 1332 F/3, perg. orix., galego, gótica cursiva, 223x542 mm, incluída en: 1360-XII-31, Lugo, (CD n.º 634).

Sabeam quantos esta carta de procuraçon virem commo nos Gonçalvo Martines, abbade do moesteiro de San Salvador de Chantada da orden de San Beeyto, do bispado de Lugo, de conssuum con o convento desse miismo lugar, seendo todos iuntados enno dito moesteiro en noso cabidoo por campaa taniuda, segundo que o avemos de husso et de custume, fasemos et ordenamos et estabelesçemos nosso liidimo, verdadeiro, sufiçiente et geeral procurador a Affonso Yanes, monge do dito moesteiro, portador desta pressente carta de procuraçon. Espeçialmente lle damos todo noso livre et comprido poder que por nos, et en nosso nome, et do dito moesteiro et de todos nossos susçesores, possa dar et outorgar en canbeo a nosso sennor don frey Pedro Lopes, obispo de Lugo, para el et para seus susçessores por sua herdade para senpre, toda a nossa herdade et cassas et arvores, que nos et nosso moesteiro avemos et nos perteesçe d’aver a este presente dia, enna villa de Pedrouços et en seus terminos, cada ut vay por toda a fiigregia de San Iullao do Campo, et o nosso meo cassal de Villela con cassas et arvores et herdades quaes lle perteesçen cada ut vay pella fiigregia de San Miguell de Villela. Et por concanbeo desto que possa tomar et reçeber do dito sennor obispo para nos, o dito abbade, et para nossos susçessores por herdade para este dito moesterio para senpre o cassal de Adulffe, que he da dita iglesia de Lugo, o qual cassal esta enno noso couto de San Estevoo, con casssas et arvores, et herdades, et con seus dereitos et pertenenças cada ut vay pella dita fiigregia de San Estevoo, et que possa deste concanbeo faser carta ou cartas quaes et quantas el vir que conpren por que o dito sennor obispo possa aver as ditas herdades et coussas sobreditas que lle nos damos, et nos en concanbeo delo o dito casssal con suas perteenças, commo dito he, por aquellas mellores palavras et condiçoes que se en dereito conteen que el viir et entender que mays conpre et que mays çerto pode seer; et obligar nossos bees et reçebir obligaçon de noso sennor obispo et de seu cabidoo, et poer penna çerta entre anbas las partes que agardemos et aiamos por firme o dito concanbeo et a carta ou cartas, que o dito Affonso Yanes, noso procurador, en rason deste concanbeo feser con o dito sennor obispo et con o cabidoo de Lugo, nos lo outorgamos et avemos por firme, et obligamos pellos bees do dito moesteiro para conprir et guardar et aver por firme nos et nossos susçessores et estar por ello a todo tempo, et non viir contra ella sub aquellas pennas contiudas ennas cartas que se sobresta rason feseren do dito concanbeo. Et que esto seia çerto fasemos ende esta carta de procuraçon seellada con nosos seellos.

Feyta enno cabidoo do dito moesteiro, viinte et dous dias de desenbre, era de mill et tresentos et noveenta et oyto annos.