GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

528
1349, abril, 11. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo intercambian con Arias Pérez unhas casas na rúa da Cruz pola metade doutras na Pinguela e na rúa Miñá.
MADRID, AHN, Carp. 1332 E/20, perg. orix., galego, gótica cursiva, 200x221 mm.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don frey Pedro Lopes por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma, eslecto confirmado en bispo enna iglesia de Lugo, et confesor do moy noble infante don Pedro, con outorgamento de don Diego Ferrnandes, dayan, et cabidoo da iglesia de Lugo, façemos escanbea valledeyra para senpre convosco Aras Peres da Crus. Conven a saber que vos damos en escanbea por iur de vossa herdade para senpre as nossas casas que estan enna rua da Crus, sub a cappella de Santiago, as quaes son estas: des-la vossa casa en que suya morar Affonso Domingues, mercador, ata o poço do Promiçeyro con suas seydas, vergeu et cortina et arvores, et con suas entradas et seydas, et pertenenças et dereyturas, et con la carrega do aniverssario que ellas son teudas de pagar.

Et eu, o dito Areas Peres, dou a vos, os ditos esleito et cabidoo, en escanbeo por esto que me vos dades por iur de vossa herdade para senpre a meatade de huna casa que eu ey a a Pingeella, enna qual casa ora mora Fernan Preto, et a qual casa esta entre a casa da Albergaria que foy d’Affonso Rodrigues da rua Minaa, da huna parte, et da outra parte, a casa que foy d’Affonso de Negral; et dou-vos a mea d’outra casa que he enna rua Minaa, enna qual ora mora Tereyia Dona, et esta a par d’outra vossa casa en que mora Fernando Peres da Madagnela da huna parte, et da outra parte, a casa que foy de Dominga Peres Bonas Agullas; et dou-vos mays as medias de tres cassas que eu ey enna dita rua Minaa a su o poço, as quaes estan todas tres a par, et esta a par della da huna parte, a cassa que foy de Lourenso Peres da rua Minaa, et da outra parte a a cassa que foy de Duran Moniis. Et estas ditas casas vos dou con suas cortinas et seydos, et con suas entradas et iures et pertenenças et dereyturas et agoas vertes por iur de vossa herdade para senpre commo dito he; as quaes son sub a cappella de San Pedro, et douvos-las sen carrega de ninguna peyta, salvo de soldariça, et de dose soldos et medio desta moneda que ha de cada anno para o aniverssario por la dita media casa que vos dou en que mora a dita Tareyia Dona.

Et nos, estas partes sobreditas, asi damos et reçebemos as ditas escanbeas huuns d’outros commo dito he, et obligamos nossos bees para as faser senpre de pas huuns a outros, et de non passar nunca contra ellas nen contra parte dellas por nos nen por outren en iuyso nen fora del. Et por que esto seia çerto nos, as ditas partes, rogamos et mandamos a Affonso Ferrnandes, notario publico del rey enna çiudade de Lugo, que fesese ende duas cartas en hun tenor et possese en ellas seu signal por testemoyo de verdade, et por mayor firmidoe nos, o dito eslecto conffirmado et cabidoo, mandamos-las seellar de nossos seellos.

Que foron feytas na dita çiudade onse dias d’abril, era de mill et treçentos et oytaenta et sete annos.

Et nos, o dito senor eslecto, firmamos esta carta de nosso nome escripto con nossa mao.

Testemoyas: frey Affonso Galvan et frey Iohan de Pallares, et Pedro Sanches, escrivan do dito sennor eslecto, et frey Iohan de Castrello, ts. O dito dayan, et don Fernando de Deus, chantres; et don Affonso Gomes, arçidiago de Deça; et don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; et don Pedro Aras, mestrescolla; et don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; et don Vaasco Dias, thesoreyro; Andres Peres et Iohan Dias et Iohan Ferrnandes et Alvaro Rodrigues, coengos; Fernando Peres, notario de Lugo; et Aras Gomes, escudeiro do dayam, ts.

Electus confirmatus.

Et eu Affonso Ferrnandes, notario publico de nosso sennor el rey enna çiudade de Lugo, a esto que dito he con as ditas testemoyas pressente fuy et por mandado do dito sennor esleito et dayam et cabidoo et a rogo do dito Aras Peres esta carta escrivi et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade. (+).

Materias

albergue; alcume; aniversario; árbore; arcediago; cabido; casas; chantre; cóengo; confesor; cortiña; criado; cruz; deán; dignidades; dominico; electo; escribán; escudeiro; familiar; fidalgo; fisco; frade; fundación; infante; licenza; linde; mercador; mesa bispal; mesa capitular; mestrescola; muller; notario; obrigación; orde dos predicadores; permuta; pozo; rei; rei; rúa; secretario; selo; sinatura; soldo; tesoureiro; tributos; xardín; bispo

Persoas

Afonso Domínguez, mercador; Afonso Eanes de Negral; Afonso Fernández, notario; Afonso Gómez, arcediago de Deza; Afonso Rodríguez da rúa Miñá; Álvaro Díaz, arcediago de Neira; Álvaro Rodríguez, cóengo de Lugo; André Pérez, cóengo de Lugo; Ares Gómez, escudeiro; Ares Pérez da Cruz; Diego Fernández, deán de Lugo; Dominga Pérez Boas Agullas; Durán Muniz; Fernando de Deus, chantre de Lugo; Fernando Pérez da Madanela; Fernando Pérez, notario; Fernando Prieto; frei Afonso Galván, dominico; frei Xoán de Castrelo, dominico; frei Xoán de Pallares, dominico; Lourenzo Pérez da rúa Miñá; Pedro Ares de Parga, mestrescola de Lugo; Pedro I, rei de Castela; Pedro Sánchez, secretario; Tareixa Dona; Vasco Díaz, tesoureiro de Lugo; Vasco Rodríguez, arcediago de Dozón; Xoán Fernández, cóengo de Lugo; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo

Outros

Castela, reino; Lugo, cabido; Lugo, bispado

Lugares

Castrelo; Deza, arcediagado; Dozón, arcediagado; Lugo; María Madanela; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Pallares, antiga xurisdición; Pinguela; Roma; Vilamaior de Negral, San Lourenzo