GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

41
1433, xuño, 15

Juan Fariña, pedreiro de Pontevedra, dá á sua irmá María Fariña, con motivo do seu casamento, a casa da Rua da Enfesta, na que moraron os seus pais, e outros bens mobles.

(f. 19)

Este dia, Juan Fariña, pedreiro, dou en casamento para senpre, a Maria Fariña, sua yrmãa con seu marido avian estos bẽes: a casa, sotoon et sobrado con sua orta et eixido que esta ẽna Rua da Enfesta, segundo que a suya teer et vsar seus padre et madre, aqual he a metade, disimo a Deus, et por la outra metade ha de pagar a dita Maria Fariña a penson que en ela ha Tareija D´Ouviña. Iten lle dou mays quatro cabeçaes de pruma et un par de saavas novas de cama et un par de mantas de cama nova, et mays un par de almadraqueas de lãa et outro par de saavas et outro par de mantas de cama medianas et hũa taça de hũ marco de prata labrada et o pelote preto que foy de sua madre et hũa saya noba de pano de Aragon et mays un par de uchas das que ficaron de sua madre et mays una arqua et mays un conteiron de alanbres. Pena o doblo; ase de pagar et entregar todo do dia que tomar sua casa ata oyto dias. Ts. Juan de San Domingo, carpenteiro, et Juan Cabaneiro, Domingo Refeito, mareantes, moradores ẽna dita villa, et Lourenço de Carramal et Juan do Carramal, seu fillo, labradores et outros. Feita.