GMH/ÍNDICE A-Z

398
1376, xaneiro, 30
sentenza

Sentenza dada por Xoán Martínez, mestrescola, e Durán Lourenzo, cóengo, xuíces árbitros na contenda entre Vasco Pérez Mariño, cóengo tenente do couto de Puga, e Gonzalo Vázquez de Puga, escudeiro, que declara que pertence ao cabido a xurisdición do dito couto.

Con data 22 de febreiro de 1488 recóllese o recoñecemento por parte de Gonzalo de Puga, escudeiro e rexedor da cidade.

ACOu, Tenza de Puga, 429

Era de mill et quatroçentos e quatorze annos, quarta feira triinta dias do mes de janeiro. Sabean todos que en presença de min Roy Gonçalvez notario publico da çidade d’Ourense por lo bispo e por la egleia dese lugar et das testemoyas adeante escriptas, ante Johan Martines mestrescola da igleia d’Ourense e Duran Lourenço coengo da dita igleia, omes boons alvidros alvydradores entre Vaasco Peres Mariño coengo d’Ourense por si e en nome do cabidoo da dita igleia da huna parte e Gonçalvo Vaasques de Puga escudeiro da outra parte, pareçeu o dito Vaasco Peres Mariño non estando presente o dito Gonçalvo Vasques et disso aos ditos omes boos juizes sobre ditos que ben sabían en commo en pesona del e do dito Gonçalvo Vasques asignaran termino perantorio, et outrosi o dito Gonçalvo Vasques por mayor abastança de dereito fora enprazado per seu omme do dito mestrescola juis sobre dito perentoriamente para oje este dia a que pareçessen e veesen anteles oyr sentença no pleito que entre eles era, et agora que o dito Gonçalvo Vaasques que non quisera nen queria pareçer, et que eles que ouveran e avian de livrar este feyto en todo este mes de janeiro que ora anda e que non avia y mais deste dito mes en que o livrasen, ca oje este dito dia e oras quinta feyra siguente. Por ende que lles desía e frontava que pronunçiasen por contomaz ao dito Gonçalvo Vasques, pois que non pareçía e en sua contomasia e rebellia que dessen sentença no dito feyto segundo que ficaran e achasen por dereito sigundo o poder que lles para elo fora dado das ditas partes per conpromisso, et non no querendo eles asy faser et o tenpo pasasse en que o dito feyto avia seer livrado, et o dito cabidoo e el en seu nome e por si perdesen et meoscabasen de aquelo que o dito feyto era tentado et sobre que era a contenda que protestava que eles e seus beens fosen delo tiudos ao dito cabidoo et a el en seu nomme et de todas las custas e perdas e dannos e mioscabos que por esta rason o dito cabidoo e el en seu nomme feseran e feseren de aqui adeante et de querelar deles hu quer que seu dereito e do dito cabidoo fosse. Et outrosi que por quanto o dito Gonçalvo Vasques non quisera nen queria pareçer este dia ante os ditos omes boons juises sobre ditos a oyr sentença sigundo que lle fora mandado que protestava de aver per el et per seus beens a pena dos viinte mill mor. contiudos no conpromisso en que nos ditos omes boons avian este feito conprometudo.

Et logo os ditos mestrescola et Duran Lourenço omes boons juises alvydros sobre ditos seendo en lugar de julgar disseron que pois que o dito Gonçalvo Vasques non pareçera nen pareçia ante eles este dia e ora a oyr sentença sigundo lle per eles fora mandado en pesona, et sobrelo outrosi disseron que da sua parte fora enprasado que o pronunçiavan por contomas e por revel et en sua contomaçia e rebellia que davan e deron logo en este feito huna sentença en escripto, a qual o dito Duran Lourenço leeu per si meesmo per outorgamento do dito mestrescola, da qual o thenor he este que se adeante sige:

Et nos Johan Martines mestrescola e Duran Lourenço coengos da igleia d’Ourense, visto o conpromisso outorgado porlos ditos dean da igleia d’Ourense e Vaasco Peres Mariño teente o couto de Puga por lo cabidoo da dita igleia d’Ourense et o poder que nos por el he dado sobre la contenda e desaviinça que era entre o dito dean e cabidoo da huna parte et da outra o dito Gonçalvo Vaasques, por lo qual conpromisso deron poder a nos os sobre ditos et a cada huun de nos que soubesemos sumariamente sine estrepito e sigura judico a verdade a quen perteençia de aver os serviços e coutaria e voz e outras cousas do dito couto de Puga se perteençia de dereito ao dito Gonçalvo Vasques se ao dean e cabidoo da dita igleia d’Ourense, et que sabuda a verdade sinpresmente que a quen achasemos que perteençia que a esse o julgasemos per nossa sentença deffenytiva sobre las quaes cousas et para os agoardar en todo as ditas partes e cada huna delas poseron sobre si penna de viinte mill mor. que peytase a parte non agoardante aas cousas sobre ditas e cada huna delas aa parte que o agoardase por cada vez, et demais que cada huna das ditas partes feseron juramento sobre los santos avangeos que corporalmente tangeron con suas maos que goardasen o que nos julgasemos et estevesen e pareçessen aos terminos que lles nos asignasemos apellacione postposita sigundo que todo esto mais cunplidamente se conten no conplimisso que as ditas partes sobresto feseron. Et visto en commo nos tomamos o dito ofiçio en nos, et visto en commo reçebemos testemonyas presentadas porlo dito Vaasco Peres en nomme do dito dean et cabidoo da huna parte et porlo dito Gonçalvo Vasques da outra, fasendo inquisiçon para saber o feito da verdade, et visto o dito das tests. et de cada huna delas et a publicaçon que ante nos sobrelo foy feyta et o contradisemento danbas las ditas partes, et visto quanto o dito Gonçalvo Vasques por la sua parte et o dito Vaasco Peres teente o dito couto de Puga por si e en nomme do dito cabidoo quiseron diser et rasoar ata que ençarraron rasoens, et o dito Vaasco Peres concludío e pediu sentença por si e en nomme do dito dean e cabidoo, et o dito Gonçalvo Vaasques poendo suas frivolas escusaçoens indo contra a forma do dito conpromisso e cousas en el contiudas caendo ennas penas que sobre si posera e en cada huna delas, et visto en commo nos avendo o dito pleito por concluso da sua parte el presente lle asignamos termino perentorio para oje quarta feita, triinta dias de janeiro para que veesse oyr sentença perentoriamente, nos e cada huun de nos seendo en lugar de julgar, o dito Vaasco Peres por sy e en nomme do dito dean e cabidoo presente et o dito Gonçalvo Vasques absente et en sua contomaçia e revelia avendoo por presente, sabuda a verdade do feito, dia asignado perentoriamente para dar a dita sentença, visto as ditas testemonyas e ditos delas e pessoas delas e estado e calidades delas e de cada huna delas, avendo acordo e consello con omes boons leterados sabedores de foro e de dereito, achamaos porlo dito das testemonyas e en verdade que o dito dean e seus anteçesores e cabidoo da igleia d’Ourense et o dito Vaasco Peres e os outros que dante del veeron que teveron o dito couto de Puga por lo dito cabidoo que estan en possison de aver e levar os serviços de todos aqueles que morasen enno dito couto et de cada huuns deles asi commo señor do dito couto, et que o dito couto que perteeçe e he seu do dito dean e cabidoo et daquel que o por eles tever enteyramente et non do dito Gonçalvo Vasques nen doutro alguun passa per viinte e triinta e quareenta annos e mais, et que o que tever o dito couto por nomme do dito cabidoo que ha de aver a voz e voses e coutaría e señorio e enlisa e coomea de todos aqueles que moraren enno dito couto per si ou per seu omme et dar las pinoras et faser todos los outros abtos que perteençen a señor do dito couto, et que os omes e molleres moradores do dito couto que an de viir ao chamamento e mandado de aquel que tever o dito couto do dito cabidoo, et que el que ha de julgar as contendas entreles quando acaesçer e non outro alguun nen yren a juizo ante outro alguun sobre las contendas que os moradores do dito couto entre si ouveren, senon ante aquel que tever o dito couto en nomme do dito cabidoo, et por esso julgamos as cousas sobre ditas et cada huna delas seeren daqui endeante para senpre do dito dayan et cabidoo et do dito Vaasco Peres en seu nome et dos outros seus suçesores que veeren depois deles e non doutro alguun, et poemos perpetuum silençio para senpre ao dito Gonçalvo Vaasques et a toda sua voz que non veña nen pase nen vaa per si nen outro en seu nome contra as cousas sobre ditas et cada huna delas, et cada que contra elo pasar per si ou per outro en seu nome por cada vez que caya ennas penas do dito conpromiso e en cada huna delas, et as ditas penas pagadas ou non e cada huna delas que a dita sentença fique firme e valla para senpre. Et a pedimento do dito Vaasco Peres condanamos lle o dito Gonçalvo Vaasques ennas custas dereitas et reservamos en nos a taixaçon delas et mandamos ao dito Vaasco Peres que para tras quinta feira, que son triinta e huun dias do dito mes de janeiro, que traga as ditas custas en escripto jurado. Et por nosa sentença deffenitiva o pronunçiamos nos e cada huun de noos todo asy. A qual dada e liuda, o dito Vaasco Peres disso que por nome do dito cabidoo e por sy que a requeria asi, et pedío aos ditos omes boons juises alvidros que mandasen a min notario que lla desse asi signada con meu nome e con meu signal para garda do dereito do dito cabidoo et seu en seu nomme. Et os ditos omes boons juizes alvidros alvidradores sobre ditos mandaron lla dar. Dada foy esta sentença en Ourense o dia e mes e era sobre ditos. Testemunyas que a esta data da dita sentença foron presentes Pero Anriques, Gonçalvo Martines de Ribadavia e Lopo Afonso coengos na dita igleia d’Ourense e Johan Lopes scudeiro do dito Gonçalvo Rodrigues dean d’Ourense e Alvar Afonso criado do dito Duran Lourenço e Garçia Peres de Fromesta moradores en Ourense e Gomez e Vidal moradores en Toen e outros.

Et eu Gonçalvo Rodrigues notario publico da çidade d’Ourense por lo bispo e por la igleia dese lugar et dado aas notas e escripturas que foro[n] de Roy Gonçalves notario que foy d’Ourense por poder e liçençia et outoridade que me para elas deu don Garçia por la graça de deus e da santa igleia de Roma obispo d’Ourense. A qual carta de sentença en miña presença fiz escripvir e meu nomme e meu signal aqui fiz en testemunyo de verdade que tal he.

(sinal)

Anno no nascimento de noso señor Jhesu Cristo de mill e quatroçentos et oyteenta et oyto annos, vynte e dous dias do mes de fevereyro, dentro do cabido da igleia d’Ourense, estando y presentes a mayor parte dos señores benefiçiados da dita igleia en seu cabido contrautando seus negoçios e cabsas e en presença de min Juan de Ramoyn canonigo e chançeller do dito cabido, Gonçalvo de Puga escudeiro et regedor da çibdad d’Ourense conosçeo que o couto de Puga e señorio del con toda a jurdiçon real et dereito, voz et corveas, loytosas, preços, (mari...as), (...)reiros, serviços et justiça era et perteesçia ao cabido da igleia d’Ourense.

Johanes de Ramoyn

canonicus chancellarius

[reverso] Sentença sobrelo couto de Puga e serviços e vozes et corveas.