GMH/ÍNDICE A-Z

505
1347, outubro, 18. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle a Einés López e a unha voz diversas propiedades nas freguesías de San Martiño de Río, San Pedro de Seteventos e San Vicente de Toldaos, por renda anual de quince marabedís, e a obriga de construír unha casa en caso de non habela.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 55r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o cabidoo da iglesia de Lugo, con outorgamento dos coengos de aniverssario dessa iglesia avervamos a vos Eynes Lopes, filla de Lopo Diaz de Sanyoane de Penna, por en todos vosos dias et a huna pessoa a pus vossa morte qual vos para esto nomeardes, todo quanto herdamento os aniversarios da dita iglesia de Lugo han en Rio et en sam Martino et en Toldaos et en Guymir, con todas suas dereyturas et pertenenças, cassas, arvores et formaes, a montes et a fontes, peru quer que vaam, sub signos de San Martino de Rio et de San Pero de Seteventos, et de San Viçenço de Toldaos; o qual herdamento teveron afforado da dita iglesia de Lugo Marina Peres de Rio et seu fillo, Lopo Garçia, et sua neta, Maria Lopes, que ora finou; a a tal pleito et vervo que vos et a pessoa sobredita lavredes et paredes ben o dito herdamento, et se y esta cassa ou cassas algunas feitas que as mantenades en boo estado, se non que façades y huna cassa et a mantenades feita en boo estado, et dedes cada anno a aquel que tever os aniversarios da dita iglesia quinse moravedis, d’oyto soldos o moravedi, da moneda del rey don Affonso que ora corre en salvo en Lugo por dia de San Briço; et a morte d’aquela pessoa que for nomeada no dito vervo o dito herdamento fique livre et quito a a iglesia de Lugo, et a dita cassa feita con todos los boos paramentos que y foren feitos.

Et eu Alvar Dias, arçidiago de Neyra, que estou pressente en nome da dita Eynes Lopes, minna sobrinna, et pessoa sobredita, reçebo de vos, lo dito cabidoo, o dito vervo do dito herdamento et obligo meus beens et seus que elles cumplan esto que sobredito he. Et que esto seia çerto nos, las ditas partes, rogamos a Fernando Garçia, notario publico de Lugo, que fezesse ende esta carta.

Que fuy feita en Lugo des et oyto dias d’outubre, era de mill et trezentos et oyteenta et çinquo annos.

Testemoyas: don Fernando de Deus, chantres; don Alvar Dias, arçidiago sobredito; don Aras Pellaes, arçidiago de Deçon; don Pedro Aras, mestrescola de Lugo; Affonso Gomes, Vaasco Rodrigues, Iohan Diaz, Iohan Gutierres, coengos; Rodrigo Affonso, raçoeyro de Lugo; Affonso Eanes, Iohan Ferrnandes, Gomes Ferrnandes, Rodrigo Eanes, Ruy Gomes, clerigos do coro.

Et eu Fernando Garçia, notario publico del rey enna çibdade de Lugo, a esto pressente fuy et a rogo das partes sobreditas esta carta en minna presença fiz scripvir et puge y meu sinal en testemoyo de verdade.