GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1043
1435, outubro, 19. Bocelo

Pedro Vázquez traspásalle o foro das herdades de Santa María de Lugo na freguesía de Santalla Alta ó clérigo Gonzalo Méndez.

MADRID, AHN, Carp. 1333 A/2 (bis), perg. orix., galego, cortesá, 320 x 297 mm; Tumbo Viejo, docs. soltos nº 93.


   

Sabean quantos esta carta de probico estromento viren como eu Pedro Vasques, mercador, morador en Santa Alla Alta, foreyro [...] que so do casal et herdades de Santa Maria de Lugo que iaçen en a frigresia de Santa Alla Alta, de que a myn tyna et avian feyto foro et en seu foreyro por myn et por tres pesoas depus myn, por quanto eu non poso por myn nen por outro labrar [o dito ca]sal nen morar as casas del, et o dito casal et casas et herdades se van a montes et se perden con mingoa mina de as [non] mandar labrar, [nen re]parar, nen procurar, por ende eu dimito et traspaso o dito casal et casas et suas herdades et montes et pascos, entradas, saydas, et con todas suas dereyturas [a] el pertesçentes, segundo que o eu [teno] agora et huso et pesuyo, en vos Gonçalvo Mendes de Teyran et vos faço persoa del et yligo, segundo que o mellor poso façer de dereito, asy et tan compridamiente se vos fosedes segunda persoa nome[ada] en o dito foro et subçedese en vos de dereito, con tal condiçon que vos o dito Gonçalvo Mendes, clerigo, et as outras persoas depus vos labredes et façades lavrar et morar o dito casal et herdades del en tal maneira que se non pergan por mingoa de se labrar, et moraredes, et paguedes vos et vosas persoas todo o censo et tributo que eu era tyudo de pagar en cada hun ano a iglesia de Lugo et seus procuradores en suas persoas en tal maneira que eu et ellas seiamos libres et nosos bees. Et pido por merçede a os senores dayan et cabiido da dita iglesia de Lugo que vos resçeban por pesoa de o dito foro, segundo que a myn avian feyto, et vos reçeban et a vosas persoas, et a don Lopo Dias, meestrescolla da iglesia de Lugo, que confirme et lle dia sua autoridade en quanto de dereito lle he nesçesario.

Et eu o dito Gonçalvo Mendes, clerigo, que estou presente por myn et por las ditas minas persoas asy resçebo de vos o dito Pedro Vasques, mercador, o dito traspasamento et persoa que me asy façedes de o dito casal de Santa Maria de Lugo et persoas del, et obligo a myn et a todos meus bees eclesiasticos et seglares, et de as ditas minas persoas depus de my, a labrar et procurar ben o dito casal et herdades del, et manteer as casas del et herdades en boo paramento, et pagar en cada hun ano o dito çenso a dita iglesia et cabiidoo de a dita iglesia de Lugo, segundo que o vos pagavades et se contyna en o dito foro a vos feyto de o dito casal.

Et eu o dito Pedro Vasques, mercador, obligo a myn et a todos meus bees, mobeles et rayçes, avidos et por aver, a vos façer de pas a vos o dito Gonçalvo Mendes, clerigo, o dito traspasamento do dito foro et pesoa que vos del faço, segundo et en a maneira que o eu teno et persoas del, et mando, quero, outorgo que se eu ou outra persoa façer ou nomear de o dito foro que non valla en juyço nen fora del, et logo vos pono en o jur posison corporal rayal de o dito casal, herdades del, tyro a myn et todos meus dereitos et de mina persoas et pono en vos. Et porque seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario presente façer dello hun contrauto o mays fyrme et forte que se en dereyto poder façer.

Que foy feyto outorgado en o lugar de Booçello, des et nobe dias do mes de outubre, ano de nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de myl et quatrocentos et trinta et çinquo anos.

Testemoyas que foron presentes: Gonçalvo Yanes de Booçello; et Ares Mendes de Teyxeyro; et Johan Rodrigues, correyro, morador en Lugo.

Et eu Afonso Fernandes de Teyxeyro, notario probico en a iglesia et bispado de Lugo, con as ditas testemoyas a todo esto presente foy et este traspasamento asy feyto de o dito casal por lo dito Pedro Vasques, mercador, feyto a o dito, Gonçalvo Mendes, et persoas escripvi et aqui puge meu nome et signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Et despoys desto, vinte et oyto dias do mes de nobembre, ano do nascemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatrocentos et trinta et seys anos en Lugo foy presentado este dito contrauto ante don Lopo Dias, meestrescolla en a iglesia de Lugo, aministrador da amistraçon de terra de Santa Alla Alta, por lo dito Gonçalvo Mendes, clerigo, et le pedeu sua autoridade, et logo o dito meestrescolla diso que lla dava et ho resçebia por persoa foreyro de o dito foro a o dito Gonçalvo Mendes, clerigo, de o dito casal, herdades segundo que o en el traspasou o dito Pedro Vasques, mercador, el lle dera sua autoridade que valuese et feçese fe en juyço et fora del. Et de todo ello o dito Gonçalvo Mendes, clerigo, pidiu a myn notario que lle desse todo asy por testemoyo signado.

Testemoyas: Fernando Eanes de Saiane, et Diego de Fontaneyra, et Pedro Afonso, criado do dito meestrescolla, et outros.

Afonso Fernandes, notario.

Luppus lucensis scolasticus ac administrator.