GMH/ÍNDICE A-Z

37
1455, julio, 28. — Santiago

Payo Mariño de Lobeira, vasallo del rey, renuncia en manos del arzobispo don Rodrigo de Luna, las feligresías de Santa Baya do Este, San Miguel de Catoira, San Ginés de Bamio, con el barra1 de Cores, puerto de Carril e isla de Cortegada, y todas las demás cosas que le pertenecían en tierra de Salnés.

A. — Santiago. A.H.D. Leg. 45, fol. 128a. Primera parte de un pergamino de 16 x 32 cms. La parte b, está ocupada por doc. de 10 de agosto de 1455.

Sabean quantos este publico instrumento viren, como eu, Pay Mariño de Lobeyra, vasalo de noso senor el rey, non costrengido por força nen deçebido por engano, antes de minna propia e libre voontade, outorgo e conosco que renunçio, sinple e puramente,en mãaos do muy reuerendo in Christo, padre e señor don Rodrigo da Luna, arçobispo da Santa Iglesia e arçobispado de Santiago, conven a saber: a friguisia (sic) de Santa Vaya do Este e de San Migell de Catoyra e de San Gẽens de Vameo con o barral de Cores e o porto do Carril e a ynsoa de Cortegada e todas outras quaesquer cousas que eu, o dito Pays Mariño, ey e teno e me perteesçen en toda terra de Salnes, asy por titulos <que> da dita igllesia de Santiago tena como asy meesmo por outras quaesquer insturmentos, cartas, dereitos e titulos que das ditas friguisias, heredades e cousas sobreditas tena e me perteesça en qualquier maneira e por qualquer razon, segundo que renunçiaçom mellor pode e der valer de dereito, para que vos o dito muy reverendo senor, ajades as sobreditas friguisias, herdades, senorios e cousas sobreditas e cada hũa delas, para vos ou para quen vosa senoria as quiser das e fazer das ditas friguisias e cada hũa delas e cousas que ditas son, titulos e carta e cartas de merçede aa persona e personas que vosa merçede quiser e por ben tever o que titulo ou titulos, carta ou cartas de merçede que vosa senoria asi fezer das ditas friguisias e cousas que sobreditas son, e cada hũa delas, prometo e outorgo de as aver por firmes, estables e valederas agora e en todo tenpo, e todos e quaesquer outros titulo ou titulos, carta ou cartas de merçede ou de outra qualquer maneira e natura que seja, e vos, dereito, abçon que eu tena e aja das ditas friguisias, herdades e cousas sobreditas e cada hũa delas as revoco, renunçio, anulo, quito e pergo de mi e en bos, o dito muy reverendo senor, ou en que vosa senoria asy as der e fazer merçede delas e de cada hũa delas e pono, çedo e traspaso e prometo e outorgo de non yr, nen viirn contra elo nin contra parte delo, agora nen despoys en algun tenpo que seja, eu, nen outro por min, por juramento que sobrelo faço aos Santos Avangeos sobre signal de Cruz, que tango con mina mãao dereita, en presença do notario e testigos de juso escritos, et se eu, ou outro por min, fazer, que non valla e que seja por elo infame e fe perjuro e caya en caso de menos valer sobre lo qual todo e cada cousa e parte delo renunçio e parto de min a todas las leys, foros, dereitos canonicos e civiis, moniçipãas, imperiãas e reyãas, escriptos et non escriptos, que en mina ajuda e favor e contra esto que dito he, me poderian ajudar e aproveitar, e, en espeçial, renunçio aa ley e dereito que diz que geeral renunçiaçon non val e aa ley e dereito que diz que ome pode viinr contra a renunçiaçon que faz en certo tenpo, e se eu ou outro por min o diser ou alegar, que me non valla. Que fuy feyto e outorgado ena cidade de Santiago, dentro ẽnos paacos novos do dito muy reverendo senor, que son açerca da dita sua igllesia, viinte et oyto dias do mes de jullio, ano do Nasçemento de Noso Senor Ihesu Christo de mill e quatroçentos e çinquoenta e çinco anos, estando presentes por testigos, Johan Garçia de Sevilla, secretario e contador mayor, e Johan Siso, recabdador, e Alvaro d'Angueira, alguazil do dito muy reverendo senor arçobispo de Santiago.
Eu Pero Dominges de Linnares, notario publico da çibdade de Santiago jurado por la Igllesia de Santiago, a esto que sobredito he, en hũu con os ditos testigos, presente fuy e fiz escrivir e aqui meu nome e sino pono, en testemoyo de verdade, que tal he. (Signum).