GMH/ÍNDICE A-Z

458
1434outubro, 25
O rexedor Goterre Afonso require a Estevo Pérez, xuíz de San Cibrao, execución en bens dos moradores dese lugar por unha débeda, da que este pide constancia. (fol. 136)

       

Goterre Afonso rejedor.

En este día requerio Goterre Afonso rejedor a Estevo Peres de San Çibraao que lle fesese entrega e exsepcuçon \pagar/ en beens dos moradores de San Çibraao por çertos mrs. que devan Alvaro de Castro erdeiro do abade etç. senon que protestava etç. et de faser prenda e pinora etç. et o dito juis diso que lle mostrase recado e obrigaçoens como os devian et mostrando los que era prestes de lle faser entrega e exsepcuçon por los mrs. que le deven \+/ etç. e que lle negava etç. Tests. Pero de Porçomillos notario, Joan do Bouteiro et Garçia criado do dito Goterre Afonso. + o dito Goterre Afonso diso que era prestes dele mostrar conta do dito abade por que devian os ditos mrs. e o dito Estevo Peres diso que desía o que dito avya e que os demandasen enna dita aldea e mostrase recado e que lle faría dereito. (fol. 136)