GMH/ÍNDICE A-Z

1344
1482, abril, 10 mércores. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Pedro Ares, á súa muller e a dúas voces a herdade da Torre do Gato en San Lourenzo de Albeiros, por renda anual de dúas fanegas de centeo e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Carp. 1337 nº 4, perg. orix., galego, cortesá, 250 x 375 mm; Cód. 419 B, f. 81 r.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, que abayxo seran nombrados, seendo juntados en noso cabildo dentro en a dita iglesia en o leedoyro açerca del cruçifixo, chamados por son de campana, segundo que tenemos de uso et de custume, de consintimento et outorgamiento de Rodrigo de Lugo, arçediano de Deça en a dita iglesia et administrador da nosa administraçon do mes de março, damos aforo et avervo a vos Pedro Ares, barbeyro, visino de la çiudade de Lugo, et a vosa muller, Eynes Rodrigues, por vosa vida de anbos et a outras duas personas despoys de vos, huna qual nomear o postrimeyro de vos en sua vida ou a o tempo de seu finamento, que seia fillo ou filla de anbos se o y ouver, et outra qual nomear aquela persona que por lo postrimeyro de vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia persona deste foro quen herdar os bees do postremeyro de vos de dereyto, et asi la outra persona. Conben a saber que vos aforamos huna agra de heredade chamada da Torre do Gato, que ias sub o signo da nosa iglesia de San Lourenço de Alveyros, segundo que a vos agora tragedes et labrades et posoydes; a qual dita agra vos aforamos con todas suas pertenençias et dereyturas, a tal pleito et condiçion que a labredes et paredes ben et a tenades labrada et reparada vos et vosas personas. Et dedes de foro et renda, en cada hun ano, por la dita agra a o dito arçediano, noso administrador do mes de mayo, et a os outros administradores que despoys del por nos foren en a dita administraçon duas fanegas de çenteo linpo de poo et de palla, medido por la medida derecha desta çiudade, en todo o mes de agosto en esta çiudade. Et cada persona que despoys de vos et da dita vosa muller suçeder en este dito foro que seia tiuda et obligada de se viir mostrar et presentar ante nos, o dito cabidoo, como he persona do dia que en el suçeder por persona fasta trinta dias primeyros seguentes, sub pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto perga o dito foro et todo o dereyto que a el teber si llo quiseren reçeber. Et asimesmo vos et a dita vosa muller et personas seiades obedientes a o dito cabildo, et para ben et onrra da dita iglesia et dean et administrador et cabildo dela, et se vos ou as ditas personas fordes contra a dita iglesia de Lugo, ou contra o administrador, ou benefiçiados dela que por ese mesmo feyto pergades et pergan o dito foro et todo o dereyto que a el teberdes et toberen. Et non pagando o contiudo en este dito foro por dous anos continos que por ese mesmo feyto pergades et pergan o dito foro et todo o dereyto que a el teberdes et teberen, se vos lo quiseren reçeber. Et a finamento da postremeyra persona, que suçeder en este dito foro, que a dita agra et herdades dela fique libre et quita et desenbargada a a dita iglesia de Lugo et administraçon do mes de mayo, cuia he, con todos los boos paramentos que en ela foren fechos.

Et eu o dito Pedro Arias, barbeyro, que presente estou por min et por la dita mina muller et personas asi reçebo de vos, os ditos senores do dito cabildo, este dito foro por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a todos meus bees, mobles et rayses, et da dita mina muller et personas de o teer et gardar et comprir et pagar et labrar todo asi, segundo arriba se conten.

Et nos, o dito cabildo, asy vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro, anbas en un thenor, por lo notario a juso escripto huna para vos, o dito Pedro Arias, et vosa muller et personas et outra para nos, o dito cabildo, et por mayor firmesa mandamos seelar con noso seelo pendente a carta de vos, o dito Pedro Arias, et se non for seelada que este foro non valla nada, nin vos lo outorgamos.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo en o sobredito lugar, dia quarta feyra, des dias do mes de abril, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatrosientos et oytenta et dous anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron o dito foro: Johan Afonso, chantre, et o dito Rodrigo de Lugo, arçediano de Deça, et Diego Gonçalves de Fonteyta, arçediano de Triacastela; Pedro Martines, Pedro de Mera, Roy Dias, Afonso Martines, Gomes Ferrnandes, Andres Gonçalves, el vachiller, Pedro Ferrnandes de Villafranca, Alvaro Vasques, Arias de Neyra, canonigos et capitulantes.

Et eu Afonso Ferrnandes de San Jullaao, raçioneyro en a dita iglesia de Lugo et notario del senor Obispo et iglesia dese lugar et eso mesmo notario dos abtos capitulares do dito cabidoo, a esto que sobredito he en un con os sobreditos testigos et capitulantes presente foy et esta carta de foro, segundo ante min pasou, et a las ditas partes foy outorgada con mina maao la scrivi et por ende fis aqui estos meus signo et nome acustumados en testimonio de verdade.

Afonso Ferrnandes, notario.