GMH/ÍNDICE A-Z

445
1434outubro, 16
A viúva do demandador Xoán Afonso compromete os seus bens para librar a Pedro de Rozas, correeiro, da fianza que concedera ao seu marido. (fol. 134a)

Pero de Roças.

Et despois desto, sabado, des e seys dias do mes de oytubro, a moller que foy de Joan Afonso demandador diso que por rason que Pero de Roças, correeyro vesiño d’Ourense, fiara ao dito Joan Afonso seu marido en çerta parte da obra de San Martiño et de Santa Oufemea do anno de (- - -) anno et por quanto o dito seu marido era finado et pasado deste mundo, por ende que ela que obrigava todos seus beens et do dito seu marido, movelles et reyses, avidos e por aver e as casas e viñas que del ficaran, por quitar a paz et a salvo da dita fiadoría sen perdida et sen dapno ao dito Pero de Roças, sobre lo qual outorgava obrigaçon forte e firme etç. Tests. Pero Fernandes de Porçomillos notario et Joan de (- - -) ferreiro e Fernan Pereyras barbeiro. (fol. 134a)