GMH/ÍNDICE A-Z

924
1416, xaneiro, 16. Lugo

Lopo Fernández, cóengo de Lugo, afóralles a Afonso Fernández, clérigo, e a dúas voces un terreo en Sarria por renda anual de nove soldos coa obrigación de pechalo e facer horta.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 115 v.


       

Ano Domini Mº CCCCº decimo sexto, dez et seys dias do mes de janeyro. En a çiudade de Lugo Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo, et rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, aforou a Afonso Ferrnandes, clerigo de San Salvador da vila de Sarrea, et a outras duas persoas despoys del huna qual el nomease et outra qual nomear aquela que por el fose nomeada, huna praça que he dos ditos aniversarios, que esta en a vila de Sarrea, entre la iglesia de San Salvador et a casa en que mora Johan Çapateyro, a qual dita praça o dito Afonso Ferrnandes et as ditas persoas an de teer çarrada et ben reparada, et faser dela orta, et dar de foro et penson cada ano a o dito Lopo Ferrnandes, ou a aquel que for rendeyro prinçipal dos ditos aniversarios, nove soldos cada ano el et as ditas persoas en salvo en Lugo por dia de San Martino, et an de leixar a dita praça lavrada et çarrada et ben reparada a o finamento da pustrimeyra persoa.

Et o dito Afonso Ferrnandes asy reçebeu o dito foro et obligou seus beens et das ditas persoas de o comprir et pagar.

Testemoyas: Afonso Peres, clerigo de San Salvador da vila de Sarrea; et Afonso Branco, clerigo de San Salvador de Çesar; et Vaasco de Neyra, peliteyro, et outros.
Pedro Fernandes, notario.