GMH/ÍNDICE A-Z

603
1354, abril, 2
Arias Pérez véndelle a Lope Rodríguez a cuarta do couto de San Xulián e toda a súa herdade en San Salvador de Sabadelle e San Pedro de Recelle por 200 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1332 F/2, perg. orix., galego, gótica cursiva, 178x131 mm, traslado polo notario Afonso Pérez: 1267-V-17.

LUGO, AC, Tumbillo Nuevo, fol. 110r.

Era de mill et CCC LXXXII annos dous dias de abril.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Arres Peres de Tavoada outorgo et conosco que vendo a vos, Lopo Rodrigues de Paradela, a quarta do couto de San Iulaao et quanta erdade eu comprey et gaaney de Maria Vasques, et o iglegareo da iglega, et quanta erdade eu aio en Sabadele et en Seyxon, que foy de Iohan Seyxon, que he su syno de San Salvador de Sabadele. Et outrosy vos vendo todo o que conprey en Ribas su syno de San Pero de Recele et alures u quer que vaa, que desta conpra fose da dita Maria Vasques. Et reçeby de vos en preço pola dita vençon dusentos maravedis, de que me outorgo por pago, et obrigo dela faser a todo tempo de pas.

Testemoyas: Estevo, escudeyro de Lopo Rodrigues, et Pero Ianes d’Outeyro, et Vasco Peres, et Gonçalvo Rodrigues, omes de Ares Peres, et Fernando de San Fagundo. A qual carta eu Affonso Peres, notario publico de Portomaryn por lo Espital, saquey das notas en que a achaey escrita, que foron de Roy Peres, escusador de notario que foy en Portomarin, qual dita carta saquey da dita nota ben et fielmente non tolendo nen eadendo nengua cousa, et por mandado et otoridade de Affonso Manaa, alcallde de Portomaryn ena parte do Espital, que a vio et a lyy d’ante el, a qual dita carta foy sacada das ditas notas, commo dito he, a petyçon de Lopo Rodrigues de Paradela.

Feyta XVII dias de mayo, era de mill et quatroçentos et V annos.

Testemoyas: Gil Gomes et Affonso de Vila Iuste, et Françisco Sayal, et outros.

Et eu Affonso Peres, notario sobredito, a dita carta das ditas notas saquey ben et fielmente et por mandado et otoridade do dito alcallde puge en ela meu nome et meu synal en testemoyo de verdade. (+).