GMH/ÍNDICE A-Z

695
1368, novembro, 12. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Arias e Gonzalo López e a unha voz herdades en Cervantes, freguesías de Santa Comba de Vilapún, San Xoán de Vilaspasantes e Santa María de Vilarello, por renda anual dunha libra de cera.
 MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 79r.

Era de mill et quatroçentos et seys annos, dose dias de novembro.

Sabeam etc... commo nos Ruy Ferrnandes, dayan de Lugo, et as outras pessoas et coengos desta iglesia, seendo juntados en cabidoo por campaa tangida enno coro dessa iglesia, segundo que avemos de custume, damos aforo a vos Affonso Aras, escudeyro, morador en Viladeyte, et a vos, Gonçalvo Lopes, vosso sobrinno, fillo de Maria Aras, vosa yrmaa, por en vosa dia d’anbos et de huna pessoa qual o pustrimeyro de vos nomear a tempo de seu finamento, o herdamento et vos que foy do iuys, don Lopo, que he en terra de Cervantes, iglesyario et leygario, que he sub signos de Santa Coomba de Vilacun et de San Iohan de Vilaspassande et de Santa Maria de Vilarelle, con todas suas dereyturas et pertenenças, tirado ende o herdamento chamado de Santa Marina et o moynno que hy esta, et tirado mays o herdamento de Teyxeyro commo esta marcado por seus terminos, os quaes herdamentos et moynno nos demos a Iohan Ares, yrmao de vos, o dito Afonso Ares, que os tevese de nos con outro herdamento que de nos ten en foro, et que el aia estos herdamentos sobreditos et os traga et pusuya, et nos de, cada ano, delles et dos outros que de nos ten en foro aquela renda que nos ha de dar, cada ano, deles segundo estan enno dito foro que de nos ten aforado sobresta rason; o qual foro fasemos a vos, os sobreditos Afonso Aras et Gonçalvo Lopes et persoa qual for nomeada para ello, a a tal pleito et condiçon que vos lavredes et paredes ben o dito herdamento, et os tiredes d’aqueles quos ora teen forçados contra nossa voontade o mellor que vos poderdes, et dedes, cada anno, de renda vos et a dita pessoa que para esto for nomeada huna libra de çera, a aquel que tever os aniversarios desta iglesia de Lugo, por dia de Santa Maria de setembro en salvo sen outro custo algun.

Et eu, o dito Afonso Ares, que estou presente por min et por lo dito Gonçalvo Lopes et por la dita persoa, asy reçebo o dito foro de vos, o dito dayan, et cabidoo, et obligo meus beens et seus para comprir et pagar en todo, commo dito he. Et nos, o dito dayam, et cabidoo asy vo-lo outorgamos na maneyra que dita he.

Et que esto seia çerto nos as partes rogamos a Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tennor.

Feytas en Lugo dia et era sobreditos. Testemoyas que foron presentes: o dito dayan; don Iohan Dias, chantre; don Iohan Affonso, arçidiago de Deça; don Pedro Arias, arçidiago de Neyra; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; don Alvar Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Rodrigo Affonso, arçidiago de Triacastella; Thomas Gomes et Fernando Peres, coengos, ts., et outros.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, por lo bispo desse lugar a esto foy presente et fis scripvir et aqui puge meu signal.