GMH/ÍNDICE A-Z

1327
1480, marzo, 16. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Xoán Vázquez, á súa muller e a unha voz tres cuartos do couto de Maceda en terra de Vilar, por renda anual de 120 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 64 r.

Sabeam quantos esta carta de foro virem como nos las personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, que abayxo seran nombrados, seendo juntados en noso cabildo chamados por son de campana, segundo que avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia ante a porta por donde suben a as bobedas, damos aforo et aforamos a vos Juan Vasques de Milleyros, escudeyro, fillo de Gonçalvo Peres de Milleyros, et a vosa muller, Beatrix Nugeyrol, filla de Sancho Peres Bugueyrete, vosa muller, por vosa vida de ambos et de outra persona depoys de vos con tanto que seia fillo ou filla de anbos, et non ho avendo a o ponto do finamento do postromeyro de vos que seia persona quen o postromeyro de vos nomeardes en sua vida ou a o tempo do seu finamento, et non seendo nomeada persona que seia persona deste foro quen de dereyto herdar os bees do postromeyro de vos. Conven a saber que vos aforamos os tres quartos do noso Couto de Maçeeda, que he et pertenençe a os aniversarios desta iglesia, o qual he sito en terra de Villar, o qual vos aforamos con todas suas herdades et casas et casares et montes et rios et prados et pascos et lugares et casares et apresentaçoes de iglesia ou iglesias, et con todo o senorio alto et bayxo et con todas las outras cousas que lle perteesçen et pertesçer deven de feyto et de dereyto, segundo que o fasta aqui por nos et por los ditos aniversarios trouxo et tubo o dito Sancho Peres Bugueyrete. O qual dito Sancho Peres oje este dia lo enbiou demitir et renunciar a nos, o dito cabildo, por un publico instromento signado de Afonso de Moure, vesino de Chantada, escripvano et notario de nuestro senor el Rey, segundo por el parescia, et por nos foy reçebida a dita dimitiçon. Por lo qual dito foro et couto nos avedes de dar et pagar, en cada un ano, çento et viinte maravedis de moeda vella de longos, et avedesnos de pagar vos anbos et la persona que depoys vier de vos en esta ciudad de Lugo a o rendeyro et colledor das outras rentas dos ditos aniversarios por cada dia de San Martino de novembro, et cesando de pagar por dous anos continuos que perdades o dito foro et se torne a nos ou a nosos subçesores et a os aniversarios desta dita iglesia, cuio he. Et que a derradeyra persona que en el subçeder seia tiuda et obligada do dia que en el subçeder por persona de se viir mostrar et presentar ante nos, ou ante nosos subçesores, como he persona del fasta trinta dias primeyros seguentes, sub pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto aia perdido este dito foro et se torne a nos et a os ditos aniversarios, cuio he. Et a finamento da postromeyra persona que o dito couto con todas las cousas que lle perteesçen et con todas las benfeytorias que en el foren feytas fique libre et quito et desenbargado a vos et a vosa iglesia et aniversarios dela, cuio he.

Et eu, o dito Juan Vasques, que presente estou por min et por la dita Beatriz Nugueyrol, mina muller, et persona asi reçebo en foro de vos, os ditos senores do dito cabildo, os ditos tres quartos do dito Couto de Maçeeda por los ditos çento et viinte maravedis vellos de longos en cada ano, pagos por cada dia de Sant Martino de novembro en esta çiudad, et con todas las outras condiçoes arriba contiudas, et obligo a min et a meus bees et da dita mina muller et persona de teer et gardar et complir et pagar todo, segundo arriba se conten.

Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos, cerca do qual outorgamos delo duas cartas de foro anbas en un thenor huna para vos, o dito Juan Vasques, et vosa muller et persona et outra para nos, o dito cabildo, et por mays firmesa mandamos que a carta de vos, o dito Juan Vasques, seia seellada con noso seello pendente et se o non for que non valla.

Que foy feyto et pasou todo o sobredito en a dita iglesia et lugar, des et seys dias do mes de março, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et oyteenta anos.

Foron presentes a outorgar este dito foro: don Juan Afonso, chantre; don Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et don Diego Gonçalves, arçidiano de Triacastela; et don Gomes Garçia, jues; et don Gomes Arias, thesoreyro; et Juan Arias de Parrega; et Diego Vasques, et Pedro Martines, et Pedro de Mera, et Roy Dias, et Gomes Ferrnandes, et Pedro Ferrnandes das Camoyras, bachiller; et el bachiller, Pedro Ferrnandes de Villafranca, canonigos et capitulantes. Testigos que foron presentes: Pedro Yanes, et Afonso Ferrnandes, raçoeyros; et Roy Lopes de Teyxeyro, rendeyro dos ditos aniversarios, et Juan Afonso de Castro Afonsyn, et Roy d’Aguiar, canonigos de aniversarios, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo lo que sobredito he en un con os ditos capitulantes et testigos presente foy et este publico instrumento de foro, segundo ante mi pasou et por las ditas partes foy outorgado, seendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fis escripvir et por ende fise aqui estes meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade rogado et requerido.

Materias

administración; aniversario; arcediago; bacharel; beneficiado; beneficio; bóveda; campá; canon foral; casas; catedral; chantre; cóengo; couto; crego; dignidades; escribán; escritura; escudeiro; esposa; esposo; familia; festa; fidalgo; filla; fillo; marabedí; mesa capitular; muller; nora; notario; notario apostólico; padroádego; pai; pasto; porta; presentación; racioneiro; rendeiro; renuncia; resignación; río; selo; señorío; sogro; subrogación; tesoureiro; xenro; xuíz; xurisdición; cabido

Persoas

Afonso de Moure, notario; Afonso Fernández, racioneiro de Lugo; Beatriz Nogueirol; Diego González de Fonteita, arcediago de Triacastela; Diego Vázquez, cóengo de Lugo; Gómez Ares de Covelo, tesoureiro de Lugo; Gómez Fernández de Rois, cóengo de Lugo; Gómez García de Gaioso, arcediago de Dozón; Gómez García de Gaioso, notario apostólico; Gómez García de Gaioso, xuíz de Lugo; Gonzalo Pérez de Milleirós, escudeiro; Pedro Eáns, racioneiro de Lugo; Pedro Fernández das Camoiras, cóengo de Lugo; Pedro Fernández de Mera, cóengo de Lugo; Pedro Fernández de Vilafranca, cóengo de Lugo; Pedro Martínez, cóengo de Lugo; Roi de Aguiar, crego do coro de Lugo; Roi Díaz do Freixo, cóengo de Lugo; Sancho Pérez Bugueirete; Xoán Afonso de Castro Alfonsín, crego do coro de Lugo; Xoán Afonso Picado, chantre de Lugo; Xoán Ares de Parga, cóengo de Lugo; Xoán Vázquez de Milleirós, escudeiro

Outros

Lugo, cabido

Lugares

Aguiar; Camoiras, As; Castro Alfonsín; Chantada; Dozón; Gaioso; Maceda; Mera; Milleirós; Moure; Parga, antiga xurisdición; Teixeiro, Santa María; Triacastela; Vilafranca do Bierzo; Villar, terra