Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

GMH/Catálogo

Libro de Notas de Álvaro Afonso (1434)
Ed. de Anselmo López Carreira; Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2005, 309 pp.; 24 cm.
Anselmo López Carreira
O dinamismo urbano, os pequenos feitos do día a día, os negocios, a administración das entidades relixiosas e civís teñen o seu puntual rexistro neste volume do notario de Ourense.
1

1434, xaneiro, 1

Por deber Rodrigo de Soutomaior 300 mrs. a un terceiro e vender 18 moios de viño a Fernando Tollán, obrígase este a ser el quen satisfaga o dito pagamento. (fol. 1v)

Rodrigo de Soutomayor.

Anno domini Mº CCCCº XXX IIII annos, día sesta feyra, o primeiro día do mes de janeiro, Fernando Tollan se obrigou que por rason que o dito Rodrigo de Souto Mayor devia a (- - -) tresentos .- vellos por recado çerto et o dito Rodrigo de Soutomayor lle vendera XVIII moyos de viño, por ende se obrigou o dito Fernando Tollan de dar os ditos XVIII moyos de viño ao dito (- - -) et de trager a dita obrigaçon e recado que o dito Rodrigo de Souto Mayor tiña feito ao dito (- - -) por quanto enno dito viño llo pagava etç. Tests. Joan Fernandes criado do abade et Rodrigo e Joan criados de min o notario.