O volume componse dunha serie de 17 artigos centrados na capital galega e nas tradicións populares. Cronolóxicamente, os escritos refírense a feitos históricos desde o século IX, co capítulo titulado "Los caballeros Cambiadores", ata o século XIX, co artigo "San Pedro de Fóra". Inclúe 13 documentos históricos até daquela inéditos como a Acta consistorial de constitución da Irmandade de 1418 ou o Poder dos Reis Católicos para a fundación do gran hospital de Santiago de 1499.