Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

GMH/Autores/

Fernando R. Tato Plaza
Fernando R. Tato Plaza (1962-2000) naceu en Santiago de Compostela, onde estudou Filoloxía Galega. Foi docente nas Escola Universitaria de Formación de Profesorado de EXB en Lugo, na da Universidade da Coruña e, finalmente, na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Tamén foi membro do Instituto da Lingua Galega desta universidade.

Durante a súa traxectoria profesional participou na elaboración de dicionarios de léxico común, de linguaxe administrativa e de nomes de persoa. Publicou artigos científicos de lexicografía, onomástica, edición de textos e gramática histórica, en diversas revistas científicas e en actas de congresos internacionais, así como traducións literarias, entre as que destaca a de Frankenstein, de Mary Shelley. Ademais, organizou o XX Congreso Internacional de Ciencias Onomásticas (Santiago, 1999) e editou textos como o Teatro de Máscaras de Ramón Otero Pedrayo (1989) e o medieval Libro de Notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457), polo que recibiu o premio Luis Peña Novo en 1999. Foi membro fundador da Asociación de Traductores Galegos (Vigo), da Asociación Galega de Onomástica e participou noutras sociedades científicas como a Associação Portuguesa de Lingüística (Universidade de Lisboa) e o Internacional Council of Onomastic Sciences – Leuven (Bélxica).