Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

GMH/Autores/

Antonio Neira de Mosquera
(Santiago, 1823 - 1854). Escritor e xornalista. Coñecido co pseudónimo de doctor Malatesta. Pertenceu a unha xeración de mozos universitarios, optimistas, loitadores, agrupados na Academia Literaria de Santiago (fundada en 1831), foi un dos precursores do Rexurdimento cultural de Galicia do último terzo do século XIX.

Neira de Mosquera cultivou todos os xéneros literarios (articulista, novelista, dramaturgo, crítico histórico e literario, monografías...). Colaborou con diversos xornais, galegos e madrileños, como El Tío Vivo, El Imparcial e El Recreo Compostelano, neste último xunto a Antolín Faraldo, e fundou e dirixiu El Eco de Galicia.

Na súa produción destacan El día 24 de julio de 1840 (1840), El Moribundo (1841) e Infracción periodística (1843), a colección de artigos Las ferias de Madrid (1843), La Marquesa de Camba y Rodeiro (1845), Monografías de Santiago (1850), e a novela romántica Un ángel caído (1848).

Ler en liña Monografías de Compostela