Participou en diferentes proxectos de investigación, principalmente centrados no estudo da documentación baixomedieval e moderna de Galicia, liña de investigación que compaxinou con outros temas como a historia das fortalezas medievais de Galicia ou a publicación de fontes.
Tras esta frutífera etapa como investigadora académica, na Universidade de Santiago primeiro e despois no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC), no ano 2004 funda a empresa dehistoria, onde continúa o seu labor como investigadora, aplicando os coñecementos históricos no desenvolvemento de recursos que permitan pór en valor o noso o patrimonio histórico, artístico e documental e facer del instrumento de riqueza.