Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

GMH/Catálogo

Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da Terra de Rianxo e Postmarcos (1457)
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; Ilustre Colexio Notarial da Coruña, 1999. 758 pp.; 23,5 cm.
Fernando R. Tato Plaza

Notas e rexistros notariais (contratos privados, autos xurisdicionais, testemuños e seguros...) que ofrecen unha visión diferente da vida medieval na ría de Arousa en 1457.

Aparecen reflectidas nas súas páxinas -escritas nunha coidada cursiva gótica- persoas comúns, oficiais señoriais e, mesmo, grandes persoeiros como Sueiro Gómez de Soutomaior en circunstancias que poderiamos denominar cotiás: pechando negocios, traballando os agros, exercendo o poder na terra...

O libro en si mesmo é un testemuño singular do oficio notarial xa que é posible albiscar nas súas páxinas e anotacións os pormenores da praxe profesional e o traballo diario na notaría.

A edición constitúe un fito excepcional, tanto polo coidado no detalle e no respecto á realidade documental como polas ferramentas que lles ofrece aos investigadores para achegarse a este documento así como á realidade do galego medieval.

Para conservar a súa riqueza informativa, achégase en dúas versións: a que devolve o buscador (simplificada para unificala ao corpus documental GMH) e a orixinal (descargable).

Libro de 43 folios en papel, con encadernación antiga; contén 180 pezas documentais datadas nos anos 1456 e 1457; galego, principalmente. Procedencia, Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Materiais complementarios