Textos Forais
Antología de textos forales del antiguo Reino de Galicia (Siglos XII-XIV). Edición de Faustino Martínez Martínez, en Cuadernos de Historia del Derecho, nº. 10 (2003), pp. 257-343.
Faustino Martínez Martínez
Antoloxía de 46 pezas documentais, procedentes de diferentes coleccións e arquivos, escritas en latín, galego e castelán, e editadas orixinalmente en diversas publicacións a partir de orixinais, traslados e rexestos. Están datadas nos séculos XII-XV.
As cartas forais dadas por reis e señores non só deron pulo ao poboamento ou a dinamización de núcleos rurais e urbanos. Tamén enmarcaron as relacións da veciñanza e as súas institucións co poder establecido, o funcionamento das entidades locais, o exercicio da xustiza ou a actividade económica.
Son pequenos códigos legais de ámbito restrinxido referentes a 30 localidades galegas que se datan entre os séculos XII ao XIV, aínda que chegaron a nós en formas ben diversas (orixinais, copias). O profesor Faustino Martínez agrupa neste traballo estes códigos galegos para un máis doado uso; a recompilación permite asimesmo un percorrido panorámico que, ao engadirse o estudo introdutorio de perfil histórico xurídico, acheganos por vez primeira unha visión de conxunto sobre estes códigos.
Materiais complementarios
- Martínez Martínez, Faustino. Introdución á «Antología de textos forales del Antiguo Reino de Galicia (Siglos XII-XIV)», Cuadernos de Historia del Derecho, nº. 10 (2003).
- Martínez Martínez, Faustino. «El Derecho de la ciudad de Lugo en la alta edad media», Boletín do Museo Provincial de Lugo, 9 (1999-2000), pp. 187-218.
- Solano Fernández-Sordo, Álvaro, «Historia urbana en la Galicia medieval. Balance y perspectivas», Cuadernos de Estudios Gallegos, nº 123, LVII (2010), pp. 55-90.
- Edición do foro do burgo de Castrocaldelas, o máis antigo documento en galego.