Este traballo contén a transcrición de 45 escrituras procedentes dun atado facticio conformado no século XVI coas escrituras que diversos arcebispos composteláns outorgaron entre 1309 e 1470 co fin de ceder a diversos cabaleiros a administración de distritos xurisdicionais. Son as terrarias e preito homenaxes que permitiron aos Soutomaior, Bendaña, Mariño ou Soga de Lobeira enseñorarse dunha parte relevante da Terra de Santiago, levantar castelos e sentar as bases do seu poder territorial.
Mazo con 51 escrituras orixinais e o seu traslado posterior. 189 folios orixinalmente independentes en pergamiño e papel. Arquivo Histórico Diocesano de Santiago.