Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

GMH/Catálogo

O libro do subsidio (1500)
A Igrexa de Santiago contra 1500 (O libro do subsidio). Ed. de Mercedes Vázquez Bertomeu; Verín-Santiago de Compostela: Lóstrego Edicións, 2003.
Mercedes Vázquez Bertomeu

Documentación de sentido estatístico na que figuran as taxas pagadas pola Igrexa de Santiago ao Papa e ao Rei, bastante insólita nas nosas fontes escritas.

O cobro das taxas coñecidas como subsidio e décima -pagadas por todos os beneficios eclesiásticos dunha diocese ao Papa e ao Rei- levou consigo o nacemento de documentos coma este, no que figuran todas e cada unha das igrexas, ermidas e beneficios da diocese e a indicación da cota que lles corresponde a cada unha delas.

 

Este procedemento legounos un tipo moi específico de documentación de sentido estatístico e cuantitativo que resulta bastante insólito no panorama das nosas fontes escritas.

 

Códice de ca. 1500, traslado dun anterior de entre 1485-1488; elaborado en pergamiño, ten 49 folios escritos en castelán cunha elegante gótica libraria. Procedencia: Arquivo da Catedral de Sanc<ultura Galega, 2014.

 

Material complementario

  • Vázquez Bertomeu, M.: "Una fuente para el estudio de la geografía eclesiástica de Galicia en la Baja Edad Media: Las tasaciones del subsidio y la décima", Cuadernos de Estudios Gallegos, Tomo XLIX, Fascículo 115, Santiago 2002, pp. 57-80. » Descargar.
  • Vázquez Bertomeu, M.: "Estudio introdutorio", en A igrexa de Santiago contra 1500 (O Libro do Subsidio), Edicións Lóstrego, Santiago, 2003, pp. 4-49. » Descargar.
  • Vaquero, B.: "Documentos do repartimento do subsidio da diocese ourensá (1375-1458)", en Colección diplomática do mosteiro de San Salvador de Celanova (SS.XIII-XV), Andavira Editora, Santiago, 2004, t. 1, pp. 232-237. » Descargar.
  • Cal Pardo, E.: "Repartimento do subsidio da Diocese Mindoniense (1488)", documento número 206 da Colección Diplomática da Catedral de Mondoñedo. » Descargar.