Os dous mazos da serie Fragmentos de notarios do ACO conteñen escrituras de diferentes autores e cronoloxías, cadernos completos e follas soltas. Os medievais ―que son os que aquí se editan― teñen a súa orixe en libros de notas procedentes de diversas notarías da cidade de Ourense. A súa heteroxeneidade en canto a volume ou procedencia vese compensada pola riqueza e variedade do seu contido.
Autos do Concello ou dos tribunais e instrumentos privados constitúen o groso desta colección documental que, por chegar a nós a través do rexistro notarial, ten tamén un relevante interese diplomático e lingüístico.
Cadernos e follas soltas procedentes de protocolos de notarios de Ourense dos séculos XIV e XVI. En total case 500 pezas documentais. Procedencia: Arquivo da Catedral de Ourense.