Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

GMH/Autores/

(Cangas do Morrazo, 1975). Premio extraordinario de licenciatura no 2001, é doutora en historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese «Santiago de Compostela do século XIV ó XV: O Tombo H da Catedral de Santiago, edición e estudio histórico», especialista en paleografía e documentación medieval.
Ángel Rodríguez González (Ceuta, 1920 - Compostela, 2005) foi un dos medievalistas máis relevantes da Galicia contemporánea. Doutorouse en 1956 na Universidade Central de Madrid cun traballo sobre a historia da colexiata de Santa María de Iria.
Nado en Vigo en 1951, licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse alí tamén cun traballo sobre a cidade de Ourense no século XV. Na actualidade é Catedrático de Historia no IES María Soliño de Cangas, profesor titor da UNED no Centro Asociado de Ourense e doutor vinculado do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
(Santiago, 1823 - 1854). Escritor e xornalista. Coñecido co pseudónimo de doctor Malatesta. Pertenceu a unha xeración de mozos universitarios, optimistas, loitadores, agrupados na Academia Literaria de Santiago (fundada en 1831), foi un dos precursores do Rexurdimento cultural de Galicia do último terzo do século XIX.
Nado en Viveiro en 1922, doutorouse en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Comillas. A súa vida profesional está ligada ao Seminario Conciliar, do que foi alumno, primeiro, e máis tarde profesor e reitor, e á Catedral de Mondoñedo, da que é deán e cóengo arquiveiro. Foi tamén profesor do Instituto Teolóxico Compostelán.
(Villadiego, Burgos, 1702-Madrid, 1773). Relixioso agustino, é un dos máis sinalados historiadores da Igrexa Católica e un dos pioneiros na aplicación en España das novas metodoloxías históricas, baseadas no estudo e crítica da documentación.
Licenciado e doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, onde acadou o Premio Extraordinario. Completou os seus estudos no Instituto de Investigaciones Jurídicas de la UNAM (México), no Centro per la Storia del Pensiero Giuridico Moderno (Università degli Studi di Firenze, Italia), no Dipartimento di Storia e Comparazione degli Ordinamenti Giuridici e Politici (Università degli Studi di Messina, Italia), no Max Planck Institut für europäische Rechtsgeschichte (Frankfurt am Main, Alemaña).
Fernando R. Tato Plaza (1962-2000) naceu en Santiago de Compostela, onde estudou Filoloxía Galega. Foi docente nas Escola Universitaria de Formación de Profesorado de EXB en Lugo, na da Universidade da Coruña e, finalmente, na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Tamén foi membro do Instituto da Lingua Galega desta universidade.
Nado en Ourense en 1964, doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela. Desde moi cedo –velaí a súa memoria de licenciatura sobre o mosteiro de Melón– este investigador amosou interese por explorar e achegarse á historia das institucións eclesiásticas da Idade Media galega.
Dinámica, tenaz e ilusionada polo seu traballo docente e investigador, Mª José Portela (A Guarda, 1954-Santiago, 2006) -posiblemente a paleógrafa galega con maior obra publicada- licenciouse en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. Acabou especializándose e doutorándose en Ciencias e Técnicas historiográficas, en concreto en Paleografía, coa monumental tese Colección diplomática de la Catedral de Lugo: siglos XIV y XV, lida en 1992.
Nacida en Vigo, en 1966, comezou a súa traxectoria investigadora na Universidade de Santiago de Compostela cunha memoria de licenciatura dedicada á Confraría dos cregos do coro da catedral de Santiago. Doutórase en 1996 cunha tese sobre o notariado e o cabido compostelán na Baixa Idade Media, comeza con ela unha liña de investigación sobre os usos escriturarios e procedementos administrativos de varias institucións baixomedievais galegas, converténdose nunha referencia obrigada da Diplomática baixomedieval de Galicia.
(San Mamede de Oleiros, Vilalba- Mondoñedo). Avogado de profesión, Ramón Sanjurjo investiu moitos anos na recollida de información para elaborar a súa obra sobre os bispos mindonienses.
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1976 e doutorado na mesma institución en 1990, a carreira do profesor Armas Castro (Touro, 1954) caracterízase por un equilibrio entre a investigación histórica feita desde o rigor e a reflexión sobre o ensino e a divulgación do coñecemento do pasado.