CONSELLO DA CULTURA GALEGA
GALLAECIAE MONUMENTA HISTORICA
Sabean quantos esta carta viren commo en presença de min Domingo Nunes notario jurado d’Ourense porlo bispo e porla igleia desse lugar e das testemonyas adeante scriptas, juntado o cabidoo d’Ourense por tangemento de canpaa enna coostra nova de San Martiño segundo seu custume, presente y don Vaasco Peres dayam de Ourense e outros hommees boons e persoas do dito cabidoo, esse dayan e cabidoo commo (sirãn) diseron que commo Domingo Eanes capelan de Santa Ouffemea tevesse ante que lle a dita capela dessen duas capelas que se davan por nosso señor o bispo e porlo dito cabidoo, que o dito señor o bispo depoys que dera a dita capella de Santa Oufemea ao dito Domingo Eanes dera sen outorgamento do dito cabidoo aquelas duas capelas que ante o dito Domingo Eanes tiina a Johan Eanes seu clerigo. Et por que o dito señor o bispo dera as ditas capelas ao dito Johan Eanes sen outorgamento do dito dayam e cabidoo et entendendo que en esto o dito señor o bispo lle fesera agravamento, que o dito dayan e cabidoo commo (sirãn) que non consintyan en elo e o contradisian. Et pediron a min notario huun estormento. Esto foy en Ourense, dose dias de mayo, era de mill e cccª saseenta e septe anos. Testemonyas Gonçalvo Martines dito Rella, Domingo Martines e Maçia Peres clerigos do coro, Ares Peres arçipreste do arçidiagado de Buval.
Et eu Domingo Nunes notario sobre dito que a esto presente foy e en myna presença o fige escrivir e meu signal y puge que tal he.
(sinal)
[reverso] Protestaçon ...