CONSELLO DA CULTURA GALEGA
GALLAECIAE MONUMENTA HISTORICA
reversión
O bispo don
Pedro retira o seu mandado de reversión da metade dunha tenda que Pedro
Macía, clérigo do coro, lle vendera ao mercador Domingo Iáñez sen
ofrecerlla antes a el nin ao cabido.
Sabiam quantos esta carta virem como nos don Pero pela graça de deus bispo de Ourens[e], por que Pero Maçia nosso clerigo do choro vendeu a meadade de huna tenda que avia con sua yrmaa Mayor Eanes en Ourens[e] na rua das Tendas a Domingue Anes mercador desse logar non convidando a nos nen ao cabidoo se a queriamos conprar nen agardando o dereyto de nosa igleia nen o costume da çidade assy commo devia, mandamos reçeber para nos e para o cabidoo a dita meadade da sobredita tenda. Et nos teendo recadada a tenda para nos e para o cabidoo, o sobredito Pero Maçia pidiu nos por merçee que aquela pena en que caera por que vendeu a meadade da dita tenda non convidando nos nen o cabidoo assy commo devera que lla quitassemos e daqui adeante que se gardaria de non fazer cousa que fosse contra nosso dereyto nen contra nosso costume. Et nos con outorgamento de nosso cabidoo e por que non quisemos que perdesse o seu, commo quer que o el fesesse sen recado e commo non devia, quitamos lle esta pena en que caera e mandamos que a vendiçon da meadade da dita tenda que fez o dito Pero Maçia que valla. Et o dito Domingu’Eanes mercador que a aia sen nenhun embargamento assy commo se a ouvesse comprado por nosso mandado e do cabidoo. Et que esto seia firme e non veña en dulda mandamos a Bertolomeu Perez coengo e chançeller de nossa igleia que fesesse desto duas cartas por .abc. e que desse a huna delas a nos e ao cabidoo e desse a outra a Domingu’ Eanes mercador. Esto foy feyto en Ourens[e], iiiiº dias de março, era de mill e ccc xxx viiiº annos. Tests. Pero Rodriguez coengo e maordomo do bispo, Gomez Eanes castelleyro, Fernan Peres e Lourenço Peres clerigos do choro.
Et eu Bertolomeu Perez coengo e chançeller sobredito fuy a esto presente e escrivio con miña mao e puge meu synal en cada huna das cartas en testimunyo de verdade.
(sinal)